Aínda que non son galego, se é para chegar aos 16 podo apuntarme co meu equipo de Utopia. (E se entra alguén antes dos xogos, cedeille o meu lugar)
O bo traballo compártese nas dúas copas. Levamos 4 edicións e seguimos aguantando, e que dure!Esta tempada todo o éxito é grazas a Gerard que enviou moitas mensaxes de invitación e puidemos chegar aos 32 (ademais dos xa veteranos). A ver se algún colaborador galego che bota unha man para enviar invitacións para chegar ao maior número posible de persoas.Moita sorte a todos na liga e nesta nova edición!PD: Se alguén é do Obradoiro, grazas por Moncho, que nos está dando unha segunda vida en Girona cando xa estabamos mortos. É un gran director! Fala marabillas do seu antigo club.
Pois por intentar botar unha man, acabolle de mandar un BB-mail a un equipo que penso que e de usuario galego contra o que xoguei varios amigables a tempada pasada. Sinto non poder botar unha man como cando recuperaches a Galiza Cup, pero dende que estou traballar novamente ando co tempo máis axustado.A ver se hai sorte e moitas gracias por o gran traballo de organización