Non sei como vos apañades que sempre mo poñedes ben dificiliño oh... Se é que non se pode con vós...
Incidencias
Temos tres equipos que xa arranxaron un amigábel, e tan só un equipo suplente, ergo non cadran moi ben as contas... :S
Sete Stars, Burgas Basket e Ktulu son os equipos que xa arranxaron amigábel sen ser co seu rival da GC.
Sentíndoo ben polo equipo suplente, non podo botar a un equipo do torneo e deixar a outros dous cando cometeron a mesma falta, polo que terá que agardar a súa oportundade.
Eses tres equipos teñen o encontro perdido, e os seus riváis xa poden buscarse outro amigábel, cun 25 - 0 a favor no encontro correspondente.