BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup

[GAL] Galiza Cup

Set priority
Show messages by
This Post:
00
13967.353 in reply to 13967.352
Date: 4/23/2008 7:57:06 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu ando moi canso para organizar nada máis, e os cataláns inda non botaron a andar o seu torneo...

Se cadra para a vindeira tempada, a non ser que outro leve o choio. De todos modos teriase que facer en moi pouco tempo, antes de que comece a Copa...

This Post:
00
13967.354 in reply to 13967.353
Date: 4/23/2008 8:00:03 AM
Overall Posts Rated:
22
Ok.
Eu organizaríao, pero ando moi falto de tempo.

Bueno, sorte a todos cos playoff, que os equipos que puiden ver todos sacaron bos resultados, tanto ti, coma xexu, afarensis, LA-Souto, etc etc...

This Post:
00
13967.355 in reply to 13967.354
Date: 4/23/2008 8:01:46 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu estou a un pasiño de acadar a permanencia... A ver se culmino a xogada na casa e outra temporadiña mamando na III...

This Post:
00
13967.356 in reply to 13967.355
Date: 4/23/2008 8:52:35 AM
Overall Posts Rated:
88
Alexenko despois de coincidir en IV he ascender a III he mais Pixiya que non se nos olvide.Pixiya xoga PO en III eu quedei 5º he ti Alexenko xogaste a permanencia ay para todo dos que saimos de IV.Sorte a todos.

Eu tampoco teño tempo pasome polos xogos he intento estar o dia pero ando moy liado para organizar torneos.
Unico que poñamos todos uns grans de area y fagomolo entre varios.Que opinades??

This Post:
00
13967.357 in reply to 13967.356
Date: 4/24/2008 2:57:37 PM
Overall Posts Rated:
11
Boas¡¡ Os PO interesantisimos coma sempre, eu xogome o ascenso a III pero vai ser k botarei outro ano en IV, xa k no meu grupo esta o bo de RUDENCIO, gañador da ultima edicion da Copa de España, o segundo torneo mais importante despois de esta nosa GzCup. Respecto tema organizativo, eu podo botar una man, o formato para o ano k ven vai ser tamen de 16 ekipos eu teño a 4 galegos de pura cepa desexando xogar esta copa. Para organizar o torneo, poderiase asignar un "organizador" en cada grupo, e dicir en cada un dos grupos k haxa un fulano un pouco atento a k se xoguen os partidos, a postear os resultados, estatisticas, etc.........Veña sorte pro sabado.
Por certo k tal de draft? Eu de luxo

This Post:
00
13967.358 in reply to 13967.357
Date: 4/24/2008 7:26:57 PM
Overall Posts Rated:
22
O da próxima Galiza Cup, supoño que xa se verá co comezo da nova tempada.

Sorte pra ti tamén nos playoff, e o do draft, ata que se teñan os xogadores que corresponden a cada un, non se pode dicir moito. En canto as opcións a escoller, tiven a sorte de que a maioría dos que vexo son xogadores interiores, que xusto é o que necesito reforzar no meu equipo.

Saúdos.

This Post:
00
13967.359 in reply to 13967.358
Date: 4/26/2008 8:08:25 AM
Overall Posts Rated:
892892
Os PO están moi interesantes. Eu pola miña banda porei toda a carne no asador para gañar este segundo encontro e asegurarme así a permanencia.

En canto á GC da vindeira tempada, poderiase ampliar o formato a 32 equipos, pero o problema é que habería que comezar máis temprano ou xogar as últimas roldas nos PO's oficiais, e iso perxudicaría moito a algúns equipos...

A ver como vai a cousa para a vindeira tempada!

This Post:
00
13967.360 in reply to 13967.359
Date: 4/26/2008 8:46:14 AM
Overall Posts Rated:
88
non se pode facer tan grande xa que moitos estaran en copa e tal he non vai a dar,xq estariamos en PO e estariamos xogando a copa

This Post:
00
13967.361 in reply to 13967.360
Date: 4/26/2008 10:31:05 AM
Overall Posts Rated:
892892
Outra opción que barallo é a de ampliar os PO a 16 equipos, e clasificar directamente 8 (os que sigan en copa, e os que mellor clasificación histórica teñan), e os outros 8 que se clasifiquen da fase de grupos.

Así poderiamos ampliar o formato ata 24 equipos.

This Post:
00
13967.362 in reply to 13967.361
Date: 4/26/2008 10:50:52 AM
Overall Posts Rated:
11
Outra posibilidade no caso de ser 32 ekipos seria facer duas divisions, cada una composta x 16 ekipos e seguindo o mesmo formato k ata agora, pero k os 2 ultimos de cada grupo de 1a xoguen un PO de descenso para ver ken baixa e de 2da k suban o 4 primeiros de cada grupo ou asi

This Post:
00
13967.363 in reply to 13967.362
Date: 4/26/2008 7:30:17 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pero iso xa sería facer unha liga máis que unha copa...

Por certo... Outra tempadiña en III... Yeah yeah!!!!!!

O que non sei é porqué me sigue aparecendo o encontro de desempate, se xa gañei dous... :S

Advertisement