norte sur? dentro de Galiza o contando España tamen? senon una supercopa de españa como xa puiden ler por ahi, non estaria mal, pero ken a xogaria o actual campeon o ekipo k este de 1º nas Gz stats.....inicio de tempada facil, a ver se seguimos asi
Se organizo eu dende logo que o Desafío Norte - Sur só sería de Galiza, que xa debe dar traballo dabondo...
O da Supercopa, a verdade é que o único problema é que non hai datas. Como xa sabedes, a propia final da Galiza Cup xógase durante os PlayOff, e se a final da Galiza Cup lle sumamos dous encontros máis, a cousa estaría bastante máis que xusta...
Implicaría que habería que xogar a final da Galiza Cup a primeira semana dos PlayOff, existindo a posibilidade de que algún equipo non estivese nos PlayOff e o outro si (inxustiza). Por outra banda, como mínimo na semifinal da "Supercopa de España" tamén existiría a posibilidade de que ocorrese o mesmo, polo tanto a min non me parece unha boa idea.
En teoría á Supercopa de España iría o campión da actual Galiza Cup, non o da anterior, polo tanto suporía esixirlle aos equipos un compromiso extra que en principio non tiñan.
Persoalmente considero a idea pouco viábel, por non dicir bastante precipitada e mal organizada, inda que tamén é certo que non hai moitas máis opcións... ;)