Repaso ás incidencias da xornada.
Arenazero - Galiza Celtics
Expirou o prazo para pechar o encontro, e Galiza Celtics xa se puso en contacto ca organización para aclarar a situación. A vitoria é para Galiza Celtics por 0 - 25 por incomparecencia do seu rival. Tamén constará a perda de 10 GCStats para Arenazero por incumprimento dos prazos. Ten ata o venres para presentar as súas alegacións, se non as presenta (por mensaxe privado a min ou polo foro se o prefire) esta decisión será final.
Crrremas - Touland Trail Blazers
Encontro en idéntica situación. Touland Trail Blazers pediu que se lle dera o encontro por gañado ao rematar o prazo oficial, polo que así constará a súa vitoria por 0 - 25. Asimesmo Crrremas terá ata o venres para presentar as súas alegacións para convencer ao comité de que non merece perder 10 GCStats.
Los fumetas de lars - Sete Stars
Los fumetas aceptou outro encontro por descuido, polo tanto vitoria 0 - 25 a prol de Sete Stars, e perda de 10 GCStats para Los Fumetas por concertar outro amigábel.
Viña Costeira - CastelaoGZ
Encontro pechado!