BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
42300.24 in reply to 42300.23
Date: 8/17/2008 3:59:57 PM
Overall Posts Rated:
892892
A idea non é vendelo, pero tampouco o era vender ao base que vendín... Pero 2.750.000 $ son moitos...

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
42300.26 in reply to 42300.25
Date: 8/19/2008 12:40:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, a ver se se anima o garito que xa non falta nada para a segunda xornada de liga.

Eu pola miña banda, sairei cun par de novos xogadores, fichados cos cartos que cobrei ca última venda. A ver se hai un pouco de sorte e consigo levan a vitoria... E reservando espírito con outro relaxado.

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
42300.28 in reply to 42300.27
Date: 8/19/2008 1:17:22 PM
Overall Posts Rated:
892892
E que eu a Copa... :S

Tocoume outro III bastante forte, e tampouco quero andar arriscando demasiado. Xogarei co que teña para completar minutos, e se perdo xa podo concentrarme na liga (e na Galiza Cup por suposto).

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
42300.30 in reply to 42300.29
Date: 8/19/2008 1:30:20 PM
Overall Posts Rated:
892892
Jejeje...

E que para ir ben na Copa tes dúas... Ou tes un plantel ben amplo, que te permita rotar ben e non pasar moito nos minutos, ou sacrificas a liga.

Como non teño moito plantel, tócame pasar da Copa...

This Post:
00
42300.31 in reply to 42300.30
Date: 8/19/2008 1:49:46 PM
Overall Posts Rated:
22
Xa, disculpas pra cando caias as primeiras de cambio da Copa xDDDDD

Canto ao meu partido, sigo coas rotacións e xogarei relaxado fóra, no que en principio vai ser un partido igualado. Pra copa, xa veremos, pero en primeira rolda tocoume un bot, que que malo será que non se poida pasar :D

This Post:
00
42300.32 in reply to 42300.31
Date: 8/19/2008 1:54:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
Hainos con sorte!!!!

Eu estou a ver se ficho a un e xa marcho correndo a adestrar, que chego tarde...

This Post:
00
42300.33 in reply to 42300.32
Date: 8/19/2008 5:14:00 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois ao final o fichei, un pivot que me facía falla por 1.900.000 $ (a todo esto grazas os cartos da taquilla, que me ingresaron 5 minutos antes de que comezase o encontro, se non non me daban os cartos por outro que poxaba).

E a boa nova foi tamén que gañei en liga... Non está mal o comezo...

A mágoa foi a lesión dun xogador bastante importante para o meu plantel por dúas semaniñas... :S

Veña, quen toma algo!?

Advertisement