Bueno, coma sempre toca abrir páxina de sucesos...
Arenazero - Galiza CelticsExpirou o prazo para pechar o encontro, e Galiza Celtics xa se puso en contacto ca organización para aclarar a situación. A vitoria é para Galiza Celtics por 0 - 25 por incomparecencia do seu rival. Tamén constará a perda de 10 GCStats para Arenazero por incumprimento dos prazos. Ten ata o venres para presentar as súas alegacións, se non as presenta (por mensaxe privado a min ou polo foro se o prefire) esta decisión será final.
Crrremas - Touland Trail BlazersEncontro en idéntica situación. Touland Trail Blazers pediu que se lle dera o encontro por gañado ao rematar o prazo oficial, polo que así constará a súa vitoria por 0 - 25. Asimesmo Crrremas terá ata o venres para presentar as súas alegacións para convencer ao comité de que non merece perder 10 GCStats.
Los fumetas de lars - Sete StarsCaso sobre o que se abren investigacións ao ver que fumetas xa ten concertado un amigábel e Sete Stars non. Ningún dos adestradores se puxo en contacto ca organización, polo que non sabemos nada do caso.
Viña Costeira - CastelaoGZO amigábel non está pechado e ningún dos adestradores se puxo en contacto con nós. Abrimos investigación para saber o ocorrido.