BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup III

[GAL] Galiza Cup III (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
45869.206 in reply to 45869.205
Date: 9/25/2008 10:37:47 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grupo 5

Como ben sabedes, neste grupo tivemos que facer un apaño para que a clasificación fose o máis xusta posíbel. Deste xeito, temos varias posibilidades:

1.- Se gaña Gallegos Medievais, xa terá o liderado asegurado!
2.- Se Diplococo gaña a Gallegos, entón habería varias posibilidades:
a) Se Raxo City gaña a Xubia Basket, entón o lider do grupo sería Diplococo
b) Se Xubia Basket gaña a Raxo City, entón habería o triple empate, no que Diplococo non ten opcións de quedar líder, pois Gallegos Medievais colleitou un mellor resultado contra Raxo que el. As opcións neste caso estarían entre Gallegos e Xubia. Se Xubia consigue gañar por máis de 23 puntos pasaría el, se non pasaría Gallegos. Se lle mete unha diferenza de 23 xustos, pasaría Gallegos xa que gañou o duelo particular entre ambos.

Grupo 6

Situación moi parecida á do Grupo 3.

Crrremas parte como favorito para ocupar o primeiro lugar da táboa. Parte con dúas vitorias e un basketaverage a favor. Unha vitoria o clasificaría directamente, e ten opcións cunha derrota.

Touland Trail Blazers ten que gañarlle a Crrremas se quere ter algunha opción. Se consegue gañar, as súas opcións dependerían do outro encontro do grupo. Se Los fumetas de Lars se impón a Sete Stars, entón pasaría Touland, se non, habería un empate a tres entre Crrremas, Touland e Los fumetas de Lars que se resolvería polo basketaverage globa.

Pola súa banda Los fumetas de Lars conserva algunha opción de rematar terceiro, case imposíbel que remate segundo xa que parte cun basketaverage global moi negativo.

Grupo 7

No grupo 7 atopamos ao último equipo que xa ten asegurada a súa praza na vindeira rolda. De novo, ao xogar contra un bot, Labacolla BC ten o seu encontro gañado e rematará primeiro con tres vitorias. Pola súa banda Viña Costeira e CastelaoGZ loitarán entre eles por acadar o meritorio segundo posto do grupo.

Grupo 8

De novo unha situación idéntica as dos grupos 3 e 6.

Corrichos parte como grande favorito para ocupar o primeiro lugar da táboa. Xa ten dúas vitorias e un basketaverage a moi a favor. Unha vitoria o clasificaría directamente, e ten opcións cunha derrota.

Celta de Vigo ten que gañarlle a Corrichos se quere ter algunha opción. Se consegue gañar, as súas opcións dependerían do outro encontro do grupo. Se Los Putos Amos se impón a Chacaritas, entón pasaría Celta de Vigo, se non, habería un empate a tres entre Corrichos, Chacaritas e Celta de Vigo que se resolvería polo basketaverage globa.

Pola súa banda Los Putos Amos conserva algunha opción de rematar terceiro, case imposíbel que remate segundo xa que parte cun basketaverage global moi negativo.

This Post:
00
45869.207 in reply to 45869.206
Date: 9/26/2008 9:20:44 AM
Overall Posts Rated:
00
jaja este xoves tiven que xogar con supleentes e reservas polos minutos xogados, pero esta seman ideas a ver muahahaha vou levar os titulares asique sorte que a ides necesitar xD

From: litur

This Post:
00
45869.208 in reply to 45869.207
Date: 9/26/2008 3:47:32 PM
Overall Posts Rated:
486486
Lembrade que os segundos e parte dos terceiros pasaredes a xogar a Cunca dos Labregos así que todavía hai moito en xogo nesta derradeira xornada da terceira fase.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
45869.209 in reply to 45869.120
Date: 9/26/2008 4:00:29 PM
Overall Posts Rated:
486486
Fagamos unha análise dos équipos que seguían na Copa. Todavía seguen:

2.- Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692) - Segue na Copa
3.- Kelepol - Celtics de Coia – (76267) - Segue na Copa
6.- DunklerGeier - Ourense Bulls – (76363) - Segue na Copa
7.- Afarensis - Ferrol Destroyers – (25847) - Segue na Copa
8.- Mjorgan - Ganfurkel - (76866) - Segue na Copa
9.- Sozap86 - Bergondo Sperm Whales – (78493) - Segue na Copa
10.- * Cruiss - C.B SKALDA – (42876) - Segue na Copa

E quedaron eliminados:

1.- Shanty - C.B. Sotonera – (25949) - Eliminado da Copa
4.- OReiDasCanastas - Labazadas in your Face S.A. – (76993) - Eliminado da Copa
5.- Oyagun - Ktulu – (76884) - Eliminado da Copa
11.- Matxone - Juanito Caminante – (76841) - Eliminado da Copa
12.- Cernicalo89 - Chantada octopus - (77618) - Eliminado da Copa
13.- Henricovic - Pio XII C.B. - (77611) - Eliminado da Copa

Isto quere dicir que todavía hai dúas prazas baleiras dos oito enchufados, aínda que esta semana hai dous partidos de copa e pode caer algún dos equipos que están participando. No caso de que algunha plaza quede sen cubrir escolleríase ao mellor segundo ou sexa que aínda hai máis polo que loitar.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: Alexenko

This Post:
00
45869.210 in reply to 45869.209
Date: 9/26/2008 6:04:47 PM
Overall Posts Rated:
892892
Voltas con forza eh!!!

Pois que ben que me ves porque eu este mércores xa comezo as clases!!!

This Post:
00
45869.211 in reply to 45869.210
Date: 9/27/2008 4:15:05 PM
Overall Posts Rated:
00
juas juas eu xa levo 1 semana de clases... que sorte....

This Post:
00
45869.212 in reply to 45869.211
Date: 9/27/2008 4:33:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Instituto ou comezaches con algunha carreira "Boloña"?

This Post:
00
45869.213 in reply to 45869.212
Date: 9/27/2008 5:25:33 PM
Overall Posts Rated:
00
naa instituto instituto, empezo 4º eso :) e ti que, carreira non?

This Post:
00
45869.214 in reply to 45869.213
Date: 9/27/2008 6:21:38 PM
Overall Posts Rated:
892892
Si, estou con matemáticas en Santiago...

From: Noel

This Post:
00
45869.215 in reply to 45869.214
Date: 9/27/2008 8:34:33 PM
Extreme Kings
II.3
Overall Posts Rated:
841841
Second Team:
Red Vintage
matemáticas creo q estuda un amigo meu en santiago..ó mellor coñécelo e todo:D

chámase toño.ó mellor non é o único que hai pero bueno..xd

From: Alexenko

To: Noel
This Post:
00
45869.216 in reply to 45869.215
Date: 9/27/2008 10:24:34 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois non me soa, pero de seguro que nos cruzamos pola facultade.

Advertisement