BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > Economía

Economía

Set priority
Show messages by
This Post:
00
79301.2 in reply to 79301.1
Date: 3/5/2009 12:42:10 PM
Overall Posts Rated:
892892
A economía deste xogo éche ben complicadiña...

Cada un ten que atopar os seus propios medios para subsistir.

Eu coido que o mellor que se pode facer é:

Non ter a ningunha estrela no equipo. É mellor ter 5 xogadores de 20.000 $ semanais que catro de 10.000 & semanais e un de 40.000 $ semanais.

Ampliar o pavillón e ter o prezo das entradas baixos. Nunca me puxen a facer cálculos, pero coido que o estadio rinde máis se tes moitos asentos a prezo baixo, que que se tes os xustos a prezo alto. En divisións baixas non sei como andará a cousa para ampliar o pavillón, eu en III o teño cunha capacidade de 9.000 e pretendo amplialo cando teña cartos. Tampouco é que sexa necesario "cebarse" co estadio, pouquiño a pouco, ao final vaise notando, o malo é que tarda bastante tempo en se amortizar o investimento.

Hai que ter en mente sempre un balance semanal de gastos e ingresos. Os gastos son case fixos (xogadores + staff), e os ingresos gordos (1 taquilla de liga + patrocinadores + tenda) deberían andar equilibrados, e ter tamén en conta os ingresos da Copa e outros por vendas.

This Post:
00
79301.3 in reply to 79301.2
Date: 3/5/2009 1:07:45 PM
Overall Posts Rated:
22
Creo que en xeral o que dis é lóxico, sobre todo o dos xogadores. É mellor ter multiskills cun nivel medio en moitas habilidades que ter os clásicos bicharracos que teñen 2/3 habilidades moi altas e o resto moi baixas, a pesares que eu mesmo conto con 2 desos xogadores.

Pra min, a economía en BB tamén ten un pequeno fallo ao que en breve lle deberán por solución ou conducirá a bancarrota a moitos equipos. Se chama Free Agent. Penso que os Free Agent, se non son xogadores pertencentes a algunha selección (por eso de non perxudicar as seleccións pequenas) xa non teñen sentido.

O porqué e simple, si podes tratar de pillarte un Free Agent, o intentas, por que a igualdade de habilidades é probable que che saian máis baratos. Ademáis, o sentido que tiñan estos xogadores, penso que se perdeu, xa que antes era a forma de manter un número suficiente de xogadores de alto nivel, pero neste momento penso que o mercado xerado polos equipos é autosuficiente.

Eu pago 136000 en salarios de xogadores e xa me costa ter un balance equilibrado, na miña conferencia había un tolo que pagaba máis de 200000 en salarios, aínda por encima, recén ascendido de IV (eso si, está tratando de vender ao que ten o salario máis alto).

Respecto ao staff técnico, pois o do adestrador me parece unha burrada. O meu é nivel 5 e cobra 28000, e levo xa un tempo tratando de cambialo por un do mesmo nivel que cobre 20000 ou así, pero o precio que tería que pagar por el non me compensa respecto ao aforro que vou ter de salarios semanal.

Penso que de manterse as actuais tendencias, probablemente se teñan que tomar medidas específicas pra regular o mercado, como xa se fixo en HT fai un tempo.