Grupo 5
Como ben sabedes, neste grupo tivemos que facer un apaño para que a clasificación fose o máis xusta posíbel. Deste xeito, temos varias posibilidades:
1.- Se gaña Gallegos Medievais, xa terá o liderado asegurado!
2.- Se Diplococo gaña a Gallegos, entón habería varias posibilidades:
a) Se Raxo City gaña a Xubia Basket, entón o lider do grupo sería Diplococo
b) Se Xubia Basket gaña a Raxo City, entón habería o triple empate, no que Diplococo non ten opcións de quedar líder, pois Gallegos Medievais colleitou un mellor resultado contra Raxo que el. As opcións neste caso estarían entre Gallegos e Xubia. Se Xubia consigue gañar por máis de 23 puntos pasaría el, se non pasaría Gallegos. Se lle mete unha diferenza de 23 xustos, pasaría Gallegos xa que gañou o duelo particular entre ambos.
Grupo 6
Situación moi parecida á do Grupo 3.
Crrremas parte como favorito para ocupar o primeiro lugar da táboa. Parte con dúas vitorias e un basketaverage a favor. Unha vitoria o clasificaría directamente, e ten opcións cunha derrota.
Touland Trail Blazers ten que gañarlle a Crrremas se quere ter algunha opción. Se consegue gañar, as súas opcións dependerían do outro encontro do grupo. Se Los fumetas de Lars se impón a Sete Stars, entón pasaría Touland, se non, habería un empate a tres entre Crrremas, Touland e Los fumetas de Lars que se resolvería polo basketaverage globa.
Pola súa banda Los fumetas de Lars conserva algunha opción de rematar terceiro, case imposíbel que remate segundo xa que parte cun basketaverage global moi negativo.
Grupo 7
No grupo 7 atopamos ao último equipo que xa ten asegurada a súa praza na vindeira rolda. De novo, ao xogar contra un bot, Labacolla BC ten o seu encontro gañado e rematará primeiro con tres vitorias. Pola súa banda Viña Costeira e CastelaoGZ loitarán entre eles por acadar o meritorio segundo posto do grupo.
Grupo 8
De novo unha situación idéntica as dos grupos 3 e 6.
Corrichos parte como grande favorito para ocupar o primeiro lugar da táboa. Xa ten dúas vitorias e un basketaverage a moi a favor. Unha vitoria o clasificaría directamente, e ten opcións cunha derrota.
Celta de Vigo ten que gañarlle a Corrichos se quere ter algunha opción. Se consegue gañar, as súas opcións dependerían do outro encontro do grupo. Se Los Putos Amos se impón a Chacaritas, entón pasaría Celta de Vigo, se non, habería un empate a tres entre Corrichos, Chacaritas e Celta de Vigo que se resolvería polo basketaverage globa.
Pola súa banda Los Putos Amos conserva algunha opción de rematar terceiro, case imposíbel que remate segundo xa que parte cun basketaverage global moi negativo.