BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup II

[GAL] Galiza Cup II

Set priority
Show messages by
From: ivanff

To: Foto
This Post:
00
31544.195 in reply to 31544.192
Date: 6/28/2008 11:00:20 AM
Overall Posts Rated:
00
En teoría, nos partidos amistosos non inflúe xogar de local ou de visitante, así que iso non lle vale de excusa :)


Ah, non? Non tiña nin idea, graciñas pola información. Canto me queda por aprender...

This Post:
00
31544.196 in reply to 31544.195
Date: 6/30/2008 6:17:43 AM
Overall Posts Rated:
00
En teoría, nos partidos amistosos non inflúe xogar de local ou de visitante, así que iso non lle vale de excusa :)


Ah, non? Non tiña nin idea, graciñas pola información. Canto me queda por aprender...


a miña cancha está en bichita, iso influe de carallo, ian quedar sin reloxos...

This Post:
00
31544.197 in reply to 31544.196
Date: 7/3/2008 1:40:00 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, xa non falta nada para que comece a segunda liguilla da Galiza Cup. Moita sorte a todos!

This Post:
00
31544.198 in reply to 31544.197
Date: 7/3/2008 3:46:49 PM
Overall Posts Rated:
11
Isto e un roubo.........o outro encontro do meu grupo empezou unha hora e media mais tarde k o meu.....buuuuuuu, esta organizacion..........jajajjajaj. Xk pasa iso?

From: sozap86

This Post:
00
31544.199 in reply to 31544.198
Date: 7/3/2008 3:55:13 PM
Overall Posts Rated:
276276
O meu e o de Alexenko xa rematou , pero o outro do noso grupo inda ia polo 1ª cuarto, debe ser por un fallo do programa xa que tamen non se podian ver alguns da copa españa.

This Post:
00
31544.200 in reply to 31544.199
Date: 7/3/2008 8:55:53 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois non teño nin idea do que pasou...

Por sorte para min comezo a miña andaina pola Galiza Cup cunha vitoria. A ver se sigo así que dame que esta tempada o pase á Final Four vai estar moi difícil.

Unha aperta a todos!

This Post:
00
31544.201 in reply to 31544.200
Date: 7/4/2008 2:57:53 AM
Overall Posts Rated:
88
Empezamos ben cunha victoria y esperamos seguir asi.Sorte a todos

From: litur

This Post:
00
31544.202 in reply to 31544.182
Date: 7/4/2008 6:31:48 PM
Overall Posts Rated:
486486
"A Cunca dos Labregos"

Os grupos e as xornadas quedaron establecidos así:

Grupo 1:

1.- Corrichos - (79103) pepino – V.174
2.- Orense Heat - (75587) garrido – V.150
3.- Cans de palleiro - (80236) sapoconcho – IV.46
4.- LeiteRíoBreogan - (79718) breogan – IV.35


Xornada 1:

Corrichos 135 – 84 Orense Heat
Cans de Palleiro 92 – 86 LeiteRíoBreogan

Xornada 2:

LeiteRíoBreogan 0 – 25 Corrichos (o local non aceptou o amigabel)
Orense Heat 89 – 117 Cans de Palleiro

Xornada 3:

Corrichos 93 – 82 Cans de Palleiro
Orense Heat 0 – 0 LeiteRíoBreogan (non se disputou o amigabel e ningún avisou perden os dous o partido por 25-0 a efectos de clasificación)

CLASIFICACIÓN

______________________________________________
_Pos__Equipo___________V__D__PF____PC___Diff_
__1___Corrichos_________3__0__253__166___87_
__2___Cans de Palleiro____2__1__291__268___23_
__3___LeiteRíoBreogan____0__3__86___142__-56_
__4___Orense Heat_______0__3__173__277__-104_
______________________________________________

Grupo 2:

1.- C.B. Skalda - (42876) cruiss – I (México)
2.- Celta Vigo Urban - (78298) toninho – V.124
3.- C.B. Vila de Meira - (78987) dieginho_7 – V.17
4.- Castreloswolf Changas - (75645) chamallex – IV.22

Xornada 1:

C.B. Skalda 0 – 25 Celta Vigo Urban
C.B. Vila de Meira 101 – 95 Castreloswolf Changas

Xornada 2:

Castreloswolf Changas 106 – 116 C.B. Skalda
Celta Vigo Urban 0 – 0 C.B. Vila de Meira (non se xogou o amigabel e non temos noticias de ningún dos dous equipos, entón dáselle o partido perdido aos dous 0-25 a espera das alegacións dos dous equipos)

Xornada 3:

C.B. Skalda 112 – 75 C.B. Vila de Meira
Celta Vigo Urban 0 – 25 Castreloswolf Changas (o local non aceptou o amigabel)

CLASIFICACIÓN

______________________________________________
_Pos__Equipo_______________V__D___PF___PC___Diff_
__1___C.B. Skalda___________2__1__228__206____22_
__2___Castreloswolf Changas__1__2__226__217____09_
__3___Celta Vigo Urban_______1__2___25___50___- 25_
__4___C.B. Vila de Meira______1__2__101__145____-44_
_______________________________________________

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
31544.203 in reply to 31544.202
Date: 7/4/2008 6:34:51 PM
Overall Posts Rated:
486486
"A Cunca dos Labregos"

Semifinais:

Corrichos (79103) vs Castreloswolf Changas (75645)

C.B. Skalda (42876) vs Cans de palleiro (80236)

Sorte a todos

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
31544.204 in reply to 31544.193
Date: 7/6/2008 6:29:30 PM
Overall Posts Rated:
486486
Crónicas da primeira xornada da segunda fase da Galiza Cup:

Grupo 1:

Universidade de Cambre 82 - 75 Bergondo Sperm Whales: partido emocionante e moi igualado onde ata os derradeiros instantes do mesmo. De feito no ultimo minuto entrábase con 4 puntos arriba Universidade e posesión para Bergondo. Pero a experiencia dos locais bastou para resolver o partido nos últimos intres. Victoria importante dos locais que permitelles manter intactas as súas opcións de alcanzar azs semifinais do torneo. Nos rapaces de alexenko destacaron os 31 puntos de Garcini, mentres que nos visitantes bo partido de Campbell con 22 puntos e 15 rebotes.

Jericho B.C. 93 - 50 Touland Trail Blazers: partido sen historia onde os locais demostraron que por algo son un dos favoritos nas apostas para levarse o torneo. Todo apunta a un espectacular choque na última xornada entre Universidade e Jericho na loita polas semifinais. Dentro do bo partido de todos os locais quedarnos cos 26 puntos de Miguez de Castro e os 16 rebotes de Vana, mentres que nos visitantes tan so reseñar os 17 puntos de Yañez.

Grupo 2:

Raxo City 100 - 92 Irmandades da fala NG: bonito partido, con distintas alternativas no marcador e no que ao final os locais leváronse unha victoria moi traballada. Buylla, xogador de Raxo City, rematou o partido como mellor anotador grazas aos seus 31 puntos, mentres que o xogador de Irmandades Canals foi o máximo reboteador con 17 capturas ás que acompañou con 22 puntos sendo o xogador mais destacado por parte dos visitantes.

Forza Breo 73 - 96 Galiza Celtics: importante correctivo recibido polos locais, despois das boas sensacións que deixou na primeira fase da competición, nun partido que Galiza Celtics dominou dende o inicio. 32 puntos para Sarmiento, que foi o xogador que máis destacou en Froza Breo, mentres que por parte dos visitantes destacar a labor de Torreblanca con 23 puntos e os 19 rebotes de Gjoni.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
31544.205 in reply to 31544.193
Date: 7/6/2008 7:04:49 PM
Overall Posts Rated:
486486
Crónica da primeira xornada da segunda fase da GC (2ª parte):

Grupo 3:

Carracillo 118 - 130 C.B.Sotonera: o que son as cousas Sotonera practicamente eliminado da competición e salvado in extemis para completar a segunda fase como mellor terceiro está moi preto de meterse nas semifinais. Nun gran partido conseguiu unha victoria traballada dende o principio e que pese o bo terceiro cuarto de Carracillo que facía ter esperanzas aos locais, soubo rematar no ultimo cuarto. De nada serviron os 40 puntos de Mansilla e os 17 rebotes de Centellas por parte dos locais

Chorima Basket 96 - 79 Labazadas in Your Face SA: partido que dende o principio Chorima soubo manter unha certa ventaxe no marcador que co transcurso do partido foise ampliando ata chegar aos 17 puntos finais. De novo Jauregui cos seus 39 puntos foi fundamental nos locais nos que destacar tamen os 16 rebotes de Gajsek. Nos visitantes os 28 puntos de Bubinduss e os 19 rebotes de Gómez de la Torre.

Grupo 4:

Celtics de Coia 96 - 83 St. Gallen Club: bo partido que, nun bo primeiro cuarto dos locais racharon o partido e souberon manter a diferencia ao longo do partido. St Gallen tentouno pero nunco puido co xogo interios de Celtics de Coia. 26 puntos de Tamayo Vera e 21 rebotes de Alegre foron os máis destacados nos rapaces de kelepol, mentres que nos visitantes suliñar os 28 puntos de Florit.

Maure Team 101 - 82 Ktulu: partido sen historia no que Maure Team foi moi superior xa dende os primeiros intres do mesmo. Todo semella que neste grupo a loita vai estar con Celtics de Coia na última xornada. 30 puntos para o base dos locais Ram de Viu, mentres que por parte dos visitantes destacar os 20 puntos de Quncheng.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
Advertisement