Hoxe pola noite, se dou localizado a Alexenko que está desaparecido en combate por culpa dos exames, faremos o sorteo da segunda fase. Antes pola tarde farei as crónicas da xornada e actualizarei a clasificiación da primeira fase.
Análisis da terceira xornada (continuación):Grupo 3:Maure Team 108 - 89 Gallegos Medievais: partido no que os locais querían rematar a primeira fase invictoes mentres que os visitantes apuraban as súas ultimas opcións de clasificarse. Pero o partido non tivo moita historia. Pese a un moi bo segundo cuarto dos visitantes que lles permitiron ir ao descanso con 3 puntos de ventaxe os dous últimos cuartos foron de claro dominio dos locais onde anotaron 70 puntos, con a actuación destacada de Ram de Viu con 45 puntos e os 19 rebotes de Muñoz Miralles. Nos visitantes mantivo o tipo Kwai Chiang con 16 puntos e 14 rebotes.
Análisis da terceira xornada (continuación):Grupo 3:Maure Team 108 - 89 Gallegos Medievais: partido no que os locais querían rematar a primeira fase invictoes mentres que os visitantes apuraban as súas ultimas opcións de clasificarse. Pero o partido non tivo moita historia. Pese a un moi bo segundo cuarto dos visitantes que lles permitiron ir ao descanso con 3 puntos de ventaxe os dous últimos cuartos foron de claro dominio dos locais onde anotaron 70 puntos, con a actuación destacada de Ram de Viu con 45 puntos e os 19 rebotes de Muñoz Miralles. Nos visitantes mantivo o tipo Kwai Chiang con 16 puntos e 14 rebotes.Touland Trail Blazers 25 - 0 Liberation: non aceptou o reto Liberation así que os locais confirman o pase a segunda fase como segundos de grupo.Grupo 4:Forza Breo 94 - 76 Labazadas in Your Face SA: cos dous équipos xa clasificados tan so quedaba decidir quen ía ser o primeiro de grupo e os locais demostraron que hai que ter moi en conta o seu xogo interior para a segunda fase. Claros dominadores na pintura dende o inicio do partido foron superiores aos visitantes e levaronse a victoria con xustiza. 23 puntos de Mari Acuña fixeron do xogador de Forza Breo o máximo anotador do encontro, seguido moi de preto polo xogador de Labazadas Alcocer con 22 puntos. Por certo este partido xogouse no campo de Forza Breo cando tiña que xogarse no campo de Labazadas. Tende coidado con iso que darlle ventaxa aos rivais sen necesidade.Lavacolla B.C. 80 - 84 Rio Sor C.S.: partido sen moita historia no que tan so quedaba saber quen se ía marchar do campeonato sen gañar ningún partido e tocoulle a Lavacolla, nun dos partidos mais igualados que se lembran na Galiza Cup e que non se decidiu ata a segunda prorroga. Nos locais destacar os 19 puntos de Cortejana e os 16 rebotes de Camazón, mentres que por parte de Rio Sor os 34 puntos e 18 rebotes do sue ala-pivot búlgaro Paraskevov.