Abrimos capítulo de problemas nos encontros... :S
Chorima Basket - Pontepedriña
Polo que se ve esta semana Litur ten algún problema para atender ao xogo (sei que comezaba no traballo). An Pensado, se non queres agardar, tes o encontro gañado, avísame antes de buscar outro amigábel, se queres agardar, podes retar a litur no seu campo, estou seguro que aceptará canto antes. Se o vexo polo msn xa lle comento que se poña as pilas. Agradécese un pouco de marxe para o reto.
Chikichikies - C.B.Lobelle
Sen novas de ningunha das dúas partes. Polo que ollei, pode que C.B.Lobelle deixase o xogo ou algo, porque xa leva dous encontros sen presentar aliñación. Póñome en contacto cos managers para ver que ocorreu de todos os xeitos.
Cans de Palleiro - Arenazero
Outro encontro sen novas de ningún dos adestradores. Abrimos investigación
Maure Team - CALVARIO MAVERICKS
Reto confirmado por parte do equipo local. Recórdovos que o prazo para que o visitante acepte remata o martes ao mediodía. Póñome en contacto con CALVARIO para ver se podemos pechar o reto a tempo!
Gallegos Medievais - Xubia Basket
Sen novas de ningún dos adestradores. Abrimos investigación.
Touland Trail Blazers - Sete Stars
Tampouco temos novas de ningún dos managers. Abrimos investigación.
Los Fumetas de Lars - Crrremas
Sen novas tamén. Abrimos investigación
Viña Costeira - Cuervos Negros
Mesmo caso. Abrimos investigación.