Nota informativa
Punto 1: Os equipos que están sendo investigados por non presentar aliñación non respostaron inda. Desafortunadamente mandei tantas mensaxes que non podo saber se o leron ou non. Se mañá á noite inda non respostaron, o comité tomará unha decisión sen escoitar aos acusados.
Punto 2: A 6 horas para o peche do prazo no que os locáis deben retar, tan só están pechados 7 dos 16 encontros. Certamente xa comezo a estar canso de andar detrás da xente para ocuparme de todos os amigábeis. Prégovos un pouco máis de seriedade.
Por outra banda quero recordarvos que se remata o prazo do peche do amigábel e queredes buscar amigábel, debedes de mo comunicar antes de buscalo, para evitar problemas.
Agardo non ter tantos problemas nesta xornada coma na primeira, inda que seriamente comezo a dubidalo.
Saúdos!