Investigacións
E parece que este ano vai ser o ano do comité... En tan só unha xornada, xa tivemos máis traballo que nas dúas pasadas edicións, cousa que é bastante decepcionante...
Abrimos investigación sobre dous encontros:
Pontepedriña - C.B.Lobelle
CastelaoGZ - Cuervos Negros
Estes dous encontros, pese a estar concertados, non foron xogados por non ter feita a aliñación por parte de C.B.Lobelle e Cuervos Negros. Abrimos investigación para saber exactamente que ocorreu e tomar as pertinentes decisións.
Compre dicir que en ningún caso se trocará o resultado.