GRUPO 5
Como xa veriades na clasificación, temos un novo participante. Diplococo Team, ás ordes de Jpergom entra no Grupo 5 no lugar de Xogan Bonitos, de fumettas, que perdeu o equipo e non poderá participar máis.
Compre salientar que se poden dar varias paradoxas na clasificación final deste grupo, así que para evitar posíbeis problemas máis adiante, deixámos todos os casos posíbeis detallados para evitares problemas
Caso A: Diplococo Team non é quen de gañar os seus dous encontro
Entón a clasificación final quedaría ordeada seguindo os criterios usuáis de clasificación.
Caso B: Diplococo Team gaña os seus dous encontros
Entón poden ocorrer 4 cousas, que de seguido detallamos:
1.- Empate entre Diplococo Team e Xubia Basket a dúas vitorias:
Neste caso o desempate se faría co basketaverage global, xa que non hai enfrontamento individual.
2.- Xubía basket gaña os seus 3 encontros e queda campión de grupo.
3.- Empate entre Gallegos Medieváis e Diplococo Team a dúas vitorias:
Neste caso quedaría campión de grupo o que gañase o enfrontamento individual.
4.- Triple empate entre Gallegos Medieváis, Xubía Basket e Diplococo Team:
Realmente este é o caso máis complexo. Non atopamos unha solución lóxica, xa que, ao non ter enfrontamento individual entre Xubía Basket e Diplococo Team, o basketaverage xeral non ten unha validez real.
Polo tanto, se se da este caso, o único criterio de desempate medianamente xusto é ter en conta unicamente o enfrontamento entre cada un dos equipo contra Raxo City. Gañará o que maior diferencia teña contra Raxo City, e en caso de empate, o que máis puntos anotase. En caso de empate, non quedaría máis remedio que facelo a sorteo.
* Os puntos 1 e 4 poderían ser trocados nos vindeiros días, se hai cambios avisaremos
Edito: Se alguén ten algunha suxestión de como ser máis xusto na clasificación final de este grupo, que se poña en contacto comigo.
Last edited by Alexenko at 9/18/2008 7:35:42 PM