BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup IV

[GAL] Galiza Cup IV

Set priority
Show messages by
This Post:
00
59976.146 in reply to 59976.145
Date: 1/11/2009 1:39:00 AM
Overall Posts Rated:
892892
E non me queda máis que dicir que...

Ata o carallo de tanto choio... Se me pagasen por facer isto inda me tería que pensar se compensaba tanto traballo polos cartos que me desen...

Desfrutades vós que podedes, que eu aguantei máis na Copa (o carallo é que me toca agora un primeira), e nada, tampouco contedes moito comigo nestas datas que estarei bastante ocupado ca carreira. A ver se litur me pode tirar un cable (para variar).

Que vos medre!

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
59976.148 in reply to 59976.147
Date: 1/11/2009 8:35:11 AM
Overall Posts Rated:
892892
Coño, meu, estás a todo!!!!!

Mod-Fotocopiator para organizar a Galiza Cup xa!!!!

Estudiarase o caso, grazas polo aviso!

This Post:
00
59976.149 in reply to 59976.148
Date: 1/11/2009 8:52:54 AM
Overall Posts Rated:
00
Unha cousa, cando hai empate que conta para decidir quen pasa? A diferencia de puntos anotados/fallados, ou o enfrontamento directo?

From: litur

This Post:
00
59976.150 in reply to 59976.149
Date: 1/11/2009 12:47:19 PM
Overall Posts Rated:
486486
Compre dicir que, en caso de empate entre dous equipos, mirarase o basketaverge particular, e en caso de empate entre tres ou catro, o xeral. Avisados quedades.


Sacado das normas do torneo que hai no principio do fio. A partir de agora vou a estar algo mais centrado así que tomarei o relevo de Alexenko na época de exames. Por certo esta noite ou a mais tardar mañá anunciarei a terceira edición da Cunca dos Labregos. Por falta de tempo non comenzará ata a semana que ven. Xa vos irei avisando.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
59976.151 in reply to 59976.150
Date: 1/11/2009 1:29:27 PM
Overall Posts Rated:
486486
Cunca dos Labregos - 3ª edición

Tras rematar a primeira fase da Galiza Cup volta de novo o torneo de consolación para aqueles equipos que non puideron alcanzar a segunda fase. De novo, ao igual que na edición pasada, o torneo constará dunha primeira fase formada por catro grupos de catro equipos, os primeiros de cada grupo clasificaranse as semifinais. Debido a problemas organizativos as datas do torneo quedan establecidas de seguinte forma:

1ª fase
1ª xornada - 22 de xaneiro
2ª xornada - 29 de xaneiro
3ª xornada - 5 de febreiro

Semifinais - 12 de febreiro

Final - 19 ou 26 de febreiro (a decidir polos equipos implicados)

Iso quere dicir que o torneo comenzará a proxima semana (o xoves 22 de xaneiro).

Equipos participantes


Participarán nesta terceira edición, en primeiro lugar os equipos que non puideron xogar a Galiza Cup por seguir na Copa incluíndo os que caían na rolda que se xoga o vindeiro 15 de xaneiro.

Os 8 segundos clasificados dos grupos da primeira fase da Galiza Cup.

Os mellores terceiros ata facer un total de 16 equipos.

Esta noite mandarei un BBmail a todos aqueles equipos que teñan a súa praza asegurada na Cunca para confirmar a sua participación. Aquel que non a confirme antes do xoves 15 de xaneiro, ás 23 horas, quedará excluido.

Premios

Os finalistas da Cunca dos Labregos teñen asegurada a súa participación na próxima edición da Galiza Cup.

Last edited by litur at 1/11/2009 1:58:13 PM

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
59976.152 in reply to 59976.151
Date: 1/11/2009 1:50:18 PM
Overall Posts Rated:
486486
Listado de equipos participantes

Eliminados da Copa:

1.- Martinez - Calvario Mavericks (26136)

Estamos pendentes de:

A.- Alexenko - Universidad de Cambre (75746)
B.- Matxone - Juanito Caminante (76841) **
C.- Cruiss - C.B Skalda (42876)
D.- Mjorgan - Ganfurkel (76866) **
E.- Controlado por mi Madre - CB Rabadense (76608)

** Xogan entre eles a eliminatoria de copa polo que un deles caerá eliminado.

Clasificados en segundo lugar na primeira fase da GC

2.- Lafita99 - Los Putos Amos (78364) - Confirmado
3.- Stas k si - Sete Stars (77182) - Confirmado
4.- Xexu_GZ - Maure Team (77529) - Confirmado
5.- Cazador - St.Gallen Club (79691) - Confirmado
6.- Oyagun - Ktulu (76884) - Confirmado
7.- Albarellos - Touland Trail Blazers (76599)
8.- Henricovic - Pio XII C.B. (77611)
9.- Ivanff - Forza Breo (77249)

Mellores terceiros (por agora so teñen praza asegurada os mellores e terceiros)

10.- DunklerGeier - Ourense Bulls (76363) - Confirmado
11.- Jpergom - Diplococo Team (26057) - Confirmado
12.- Muleiro - Celtas Corcores (42882)

Equipos reservas (pendentes dos que seguen na Copa ou das posibles renuncias)

R1.- Carracillo - Carracillo (75852)
R2.- Xosesinho - Tropa do Carallo (75504)
R3.- Xoanp - Xubia Basket (79474)
R4.- Platanito21 - Escairón (76620)
R5.- DevilIX - Raxo City (75747)

Last edited by litur at 1/12/2009 5:22:15 PM

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: Josiñ0

This Post:
00
59976.153 in reply to 59976.150
Date: 1/11/2009 3:24:46 PM
Overall Posts Rated:
00
Compre dicir que, en caso de empate entre dous equipos, mirarase o basketaverge particular, e en caso de empate entre tres ou catro, o xeral. Avisados quedades.


Sacado das normas do torneo que hai no principio do fio. A partir de agora vou a estar algo mais centrado así que tomarei o relevo de Alexenko na época de exames. Por certo esta noite ou a mais tardar mañá anunciarei a terceira edición da Cunca dos Labregos. Por falta de tempo non comenzará ata a semana que ven. Xa vos irei avisando.



Pero esa norma contempla tamén o caso en que haxa empate pero un dos equipos participantes que está empatado a puntos non se presente a un dos partidos??

Con isto non quero dicir nada (e moito menos tratar de quitarche a praza tua Giova, xD), pero o que me refiro e que por exemplo no caso do meu grupo e inxusto que se aplique esa norma cando un equipo empatado non se presenta ao último partido e o outro non se presente a os dous ultimos partidos, e isto fai que un dos outros dous equipos empatados non poda ampliar máis que a +25 o seu basketverage e o outro non, cando o enfrotamente entre estes dous equipos foi gañado por o que ten menos basketverage.

This Post:
00
59976.154 in reply to 59976.153
Date: 1/11/2009 4:28:19 PM
Overall Posts Rated:
892892
Obviamenta esa norma non contempla iso...

Para esta edición obviamente xa non se pode trocar nada, pero podemos abrir debate para as vindeiras.

O que di Xexu ten bastante senso. Poderíase estudar a posibilidade de introducir un pequeno troco nas regras, que consistise en que se un equipo non se presenta a un encontro, á hora de facer a clasificación, quedase sempre por debaixo dos que teñan o mesmo número de vitorias ca el. En caso de empate a "non presentados", pois usaríase o desempate usual...

Non sei ata que punto esa medida podería facer xustiza ou inxustiza, porque sempre quedarán os casos dos que o equipo que non se presenta perda os tres encontros, e entón un equipo sacaría o +25 na diferenza, e os outros o resultado do encontro, tanto para ben como para mal...

Opinións, suxestións...

This Post:
00
59976.155 in reply to 59976.154
Date: 1/11/2009 6:41:40 PM
Overall Posts Rated:
22
Bueno, creo que neste momento teño que pedir perdón tanto aos organizadores como a xexu, xa que a culpa en gran medida é miña.
Só puiden disputar un partido, precisamente contra xexu, pois para o resto, moi ao meu pesar, foime imposible conectarme pra cerrar o reto. De feito contra giovanella, me puiden conectar o mércores a eso das 16:00, pero xa tiña concertado un amistoso, o que por outra parte é lóxico.

Por eso, pedirlle a xexu desculpas, por que neste caso puiden ser o motivo da sua eliminación na Galiza Cup, e por outra parte aos organizadores, por polos neste compromiso e por desvirtuar a competición.

Tamñen quero dicir que en ningún caso o fixen a mala fé, sabía que existía a posibilidade de non poder conectarme nas dúas semanas de Nadal, pero tiña certas esperanzas de poder facelo e as miñas gañas de volver a xogar a Galiza Cup puideron máis.

Sintoo.

This Post:
00
59976.156 in reply to 59976.154
Date: 1/12/2009 5:29:37 AM
Overall Posts Rated:
3434
O certo é q foi unha situacion algo confusa,e calquera solucion q se lle dese seria mais ou menos "inxusta".
É o mais normal q xexu se sinta perxudicado por non pasar á 2ª rolda habendome gañado no noso enfrontamento particular e por non poder conseguir fronte Breogan un basket-average mellor,non é unha situacion xusta.
Por outra banda tamen seria inxusto q eu me quedase fora por perder ese encontro contra xexu e non ter a posibilidade de xogar o 3º(e gañarme deste xeito a clasificacion na cancha)
No noso grupo deronse unha seria de situacions que desvirtuaron a competicion,pero bueno,eu sain beneficiado desta vez :D

Pero alexenko,non te preocupes pq de todos xeitos quedou demostrado q son mellor q xexu,el gañoume na copa xogando coma local de 12 puntos e á semana seguinte xogamos de novo e na miña casa eu lle gañei de 14 ;P
XDDDDDD

Advertisement