BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup III

[GAL] Galiza Cup III (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
45869.141 in reply to 45869.139
Date: 9/17/2008 4:53:13 PM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Iniciamos unha investigación para saber o que ocorreu. Polo momento, que CALVARIO busque outro amigábel, xa que Muradan xa ten un.

O xoves o comité tomará unha decisión sobre este caso e a fará pública.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

Encontro gañado por Xubia Basket por incomparecencia de Xogan Bonitos. Como perdeu o equipo, queda fora do torneo.

Chacaritas Team - Corrichos

Encontro gañado por Corrichos por 0 - 25, por incomparecencia de Chacaritas.

This Post:
00
45869.142 in reply to 45869.141
Date: 9/17/2008 5:09:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Persoalmente fastídiame bastante que queden encontros sen pechar, pero teño claro que non podo facer todo eu só.

A organización do torneo leva bastante traballo, máis do que parece. Tanto litur coma min o facemos de bo gusto. Dende levas as GCStats, que non é pouco, ata facer os sorteos, poñer os post con todos os encontros, levar as clasificacións e ir avisando mensaxe a mensaxe a cada un dos participantes.

Realmente coido que o de avisar non o deberiamos facer, xa que se alguén se apunta terá que por un mínimo de interese pola súa banda para estar informado e xogar os seus encontros, pero todo sexa por aforrarnos problemas máis adiante.

Así que prégovos un pouco de presteza e seriedade no tocante aos retos. Xa sei que é cousa de cada un e do seu rival, a ver se a partires de agora os retos fanse ben e non hai máis problemas.

This Post:
00
45869.143 in reply to 45869.142
Date: 9/17/2008 5:12:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grupo 5

Neste momento, o Grupo 5 só conta con 3 participantes, xa que o fumetta perdeu o equipo. Estamos estudando o caso para ver que podemos facer.

Mañá ou o venres a máis tardar, aclararemos o asunto.

Saúdos.

This Post:
00
45869.144 in reply to 45869.143
Date: 9/17/2008 5:23:41 PM
Overall Posts Rated:
00
Sen que sirva de precedente nin nada polo estilo. Grazas polo voso traballo a ámbolos dous. Eu non sei como o verán os demais pero a min me parece un curro da oxtia. Pensade que isto de que haxa incidencias é o máis normal do mundo, inda que vos amole moito.

Grazas!!! Ghuapos!!! ;)

This Post:
00
45869.145 in reply to 45869.144
Date: 9/17/2008 5:30:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bah, vindo de ti o tomarei como que acabas de chegar á casa e vas de cervexa ata arriba... xDDDDDD.

Que conste que nas dúas primeiras edicións apenas houbo problemas, e agora comezamos esta así... :S

From: litur

This Post:
00
45869.146 in reply to 45869.145
Date: 9/17/2008 6:11:58 PM
Overall Posts Rated:
486486
Xa que dos 32 equipos que están participando na primeira fase so van a pasar 8 cara a segunda, e que seguramente algún equipo dos que aínda continúen na Copa pode quedar fora da competición decidimos organizar a segunda edición da "Cunca dos Labregos".

Esta segunda edición, que comenzará dentro de tres xoves, coincidindo coa primeira xornada da segunda fase da GC, estará formada por 16 equipos repartidos en catro grupos. O mellor de cada grupo pasará as semifinais.

A orde de inscripción será a seguinte.

1.- Os equipos eliminados da Copa que queden fora dos 8 enchufados.
2.- Os 8 segundos clasificados de cada grupo da primeira fase da GC.
3.- Os terceiros clasificados de cada grupos da primeira fase da GC que se necesiten para completar as 16 prazas do torneo.

Proximamente seguiremos dando mais información.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
This Post:
00
45869.147 in reply to 45869.146
Date: 9/18/2008 10:33:05 AM
Overall Posts Rated:
11
Boas. So era para dicir k o bo de Miki_Zar, manager do Chacaritas Team esta un pouco incomunicado co mundo occidental, marchou para o Peru a cooperar.........manda carallo para o que valen as becas da USC........esta a buscar algun sitio para conectar o portatil pero no pobo onde esta non sei se habera, de feito hai case unha semana k lle perdin a pista por Bogotá.....foise un grande....jajajajajja. Eu poderiame conectar ainda que so fose para aceptar os amigabeis pero non m mola polo tema de 1 Ip dos ekipos, pero haberá que ir o ciber ou eu que carallo sei.

This Post:
00
45869.148 in reply to 45869.147
Date: 9/18/2008 10:40:02 AM
Overall Posts Rated:
892892
Non fai falla, non é o teu problema e arríscaste a perder o teu equipo.

Ademáis este fío o leen os GM's, así que case mellor que agora te olvides de facelo, xa que xa estarán atentos se leron a túa mensaxe...

This Post:
00
45869.149 in reply to 45869.148
Date: 9/18/2008 2:07:58 PM
Overall Posts Rated:
00
boas, o final que pasa co encontro do muradan cb vs calvario mavericks

This Post:
00
45869.150 in reply to 45869.149
Date: 9/18/2008 2:54:51 PM
Overall Posts Rated:
00
merda quedeime fora da galiza cup por seguir na copa...

This Post:
00
45869.151 in reply to 45869.150
Date: 9/18/2008 3:09:28 PM
Overall Posts Rated:
892892
Á noite, cando actualice xa saco todas as resolucións do comité.

E non estás fóra, de momento estás no grupo dos enchufados, dos que 8 entrarán na 2ª fase. Aquí tes o enlace onde podes ver a inscripción: (45869.120)

Advertisement