BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup III

[GAL] Galiza Cup III (thread closed)

Set priority
Show messages by
From: Onire

This Post:
00
45869.136 in reply to 45869.133
Date: 9/15/2008 3:42:48 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Tes un BB-mail

Reto feito dende o sábado. O meu rival conectouse hoxe e non aceptou.


This Post:
00
45869.137 in reply to 45869.131
Date: 9/15/2008 5:06:11 PM
Overall Posts Rated:
00
MERDA!!!!!!!agora mesmo acabo de aceptar una invitacion a amistoso que me acaban de facer, pero acabo de darme conta de que non e o meu rival, e agora que fago¿ joder acabo de miralo e o meu rival non se conectou dende onte....

Last edited by el facass at 9/15/2008 5:18:59 PM

This Post:
00
45869.138 in reply to 45869.133
Date: 9/15/2008 8:13:34 PM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

Repasamos a situación actual dos encontros que faltan por pechar

Pontepedriña - C.B. Lobelle

O equipo local xa retou, agardando a que o visitante acepte. En principio o prazo límite é este mediodía, pero se o local pode agardar ata a noite polo menos, moito mellor.

Mesoiro Basket - Arenacero

Reto confirmado por parte do equipo local. Prazo normal ata o mediodía, pero tamén se Mesoiro pode agardar ata a noite moito mellor.

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Tomaremos unha decisión máis adiante

O encontro do Grupo 4 segue sen estar pechado. Como o adestrador de Muradan xa se puxo en contacto con nos, a falta de confirmar a versión por CALVARIO MAVERICKS, o encontro estará oficialmente gañado por Muradan por incomparecencia.

Nestes casos sempre pedimos a colaboración dos managers, e se podes retar a MAVERICKS no seu campo e agardar un pouco, sería de agradecer, xa que queremos que se pechen todos os encontros.

E despóis disto, Muradan concertou outro amigábel.

Mañá tomaremos unha decisión sobre o caso e xa informámosvos.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

O local non deu sináis de vida, e o equipo visitante xa confirmou que lanzou o reto. Pídolle a Xubia que agarde ata este mediodía para darlle tempo ao seu rival (se pode, se non xa ten o encontro gañado. Se ao mediodía Xogan Bonitos non aceptou, o encontro será declarado gañado por Xubia 0 - 25.

Castelao-GZ - Cuervos Negros

Reto pechado (e menos mal, que isto parece unha gardería).

Chacaritas Team - Corrichos

O local non respostou, e o visitante confirmou que xa lanzou o reto. Se Corrichos quere, ten o encontro gañado, inda que se pode agardar ata o mediodía mellor. Se ao mediodía o encontro non está pechado, Corrichos levará a vitoria por 0 - 25.

Prégovos que antes de buscar outro amigábel, confirmédesme por BB-mail ou polo foro que o voso rival non apareceu ou o que sexa.

Menudo arranque que estamos a ter... :S

Last edited by Alexenko at 9/15/2008 8:14:50 PM

This Post:
00
45869.139 in reply to 45869.138
Date: 9/16/2008 10:57:05 AM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

Repasamos de novo a situación actual dos encontros que faltan por pechar

Pontepedriña - C.B. Lobelle

Pechado!

Mesoiro Basket - Arenacero

Pechado!

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Iniciamos unha investigación para saber o que ocorreu. Polo momento, que CALVARIO busque outro amigábel, xa que Muradan xa ten un.

O xoves o comité tomará unha decisión sobre este caso e a fará pública.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

O local non deu sináis de vida, polo que, en canto Xubia queira, terá o encontro gañado. Coma sempre, se podes agardar máis agradecémoscho, pero a partir de aquí xa non te pedimos nada, e se queres, avisa e podes buscar outro amigábel co encontro gañado.

Castelao-GZ - Cuervos Negros

Pechado!

Chacaritas Team - Corrichos

O local non deu sináis de vida, polo que, en canto Corrichos queira, terá o encontro gañado. Coma sempre, se podes agardar máis agradecémoscho, pero a partir de aquí xa non te pedimos nada, e se queres, avisa e podes buscar outro amigábel co encontro gañado.

From: Southo

This Post:
00
45869.140 in reply to 45869.139
Date: 9/17/2008 2:27:33 PM
Overall Posts Rated:
11
Unha cousa, fumetta (colega na realidade e dono de "Xogan Bonitos") acábame de comentar que lle quitaron o equipo no BB polo que vai ser imposíbel que xogue algún encontro da GC.

This Post:
00
45869.141 in reply to 45869.139
Date: 9/17/2008 4:53:13 PM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Iniciamos unha investigación para saber o que ocorreu. Polo momento, que CALVARIO busque outro amigábel, xa que Muradan xa ten un.

O xoves o comité tomará unha decisión sobre este caso e a fará pública.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

Encontro gañado por Xubia Basket por incomparecencia de Xogan Bonitos. Como perdeu o equipo, queda fora do torneo.

Chacaritas Team - Corrichos

Encontro gañado por Corrichos por 0 - 25, por incomparecencia de Chacaritas.

This Post:
00
45869.142 in reply to 45869.141
Date: 9/17/2008 5:09:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Persoalmente fastídiame bastante que queden encontros sen pechar, pero teño claro que non podo facer todo eu só.

A organización do torneo leva bastante traballo, máis do que parece. Tanto litur coma min o facemos de bo gusto. Dende levas as GCStats, que non é pouco, ata facer os sorteos, poñer os post con todos os encontros, levar as clasificacións e ir avisando mensaxe a mensaxe a cada un dos participantes.

Realmente coido que o de avisar non o deberiamos facer, xa que se alguén se apunta terá que por un mínimo de interese pola súa banda para estar informado e xogar os seus encontros, pero todo sexa por aforrarnos problemas máis adiante.

Así que prégovos un pouco de presteza e seriedade no tocante aos retos. Xa sei que é cousa de cada un e do seu rival, a ver se a partires de agora os retos fanse ben e non hai máis problemas.

This Post:
00
45869.143 in reply to 45869.142
Date: 9/17/2008 5:12:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grupo 5

Neste momento, o Grupo 5 só conta con 3 participantes, xa que o fumetta perdeu o equipo. Estamos estudando o caso para ver que podemos facer.

Mañá ou o venres a máis tardar, aclararemos o asunto.

Saúdos.

This Post:
00
45869.144 in reply to 45869.143
Date: 9/17/2008 5:23:41 PM
Overall Posts Rated:
00
Sen que sirva de precedente nin nada polo estilo. Grazas polo voso traballo a ámbolos dous. Eu non sei como o verán os demais pero a min me parece un curro da oxtia. Pensade que isto de que haxa incidencias é o máis normal do mundo, inda que vos amole moito.

Grazas!!! Ghuapos!!! ;)

This Post:
00
45869.145 in reply to 45869.144
Date: 9/17/2008 5:30:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bah, vindo de ti o tomarei como que acabas de chegar á casa e vas de cervexa ata arriba... xDDDDDD.

Que conste que nas dúas primeiras edicións apenas houbo problemas, e agora comezamos esta así... :S

From: litur

This Post:
00
45869.146 in reply to 45869.145
Date: 9/17/2008 6:11:58 PM
Overall Posts Rated:
486486
Xa que dos 32 equipos que están participando na primeira fase so van a pasar 8 cara a segunda, e que seguramente algún equipo dos que aínda continúen na Copa pode quedar fora da competición decidimos organizar a segunda edición da "Cunca dos Labregos".

Esta segunda edición, que comenzará dentro de tres xoves, coincidindo coa primeira xornada da segunda fase da GC, estará formada por 16 equipos repartidos en catro grupos. O mellor de cada grupo pasará as semifinais.

A orde de inscripción será a seguinte.

1.- Os equipos eliminados da Copa que queden fora dos 8 enchufados.
2.- Os 8 segundos clasificados de cada grupo da primeira fase da GC.
3.- Os terceiros clasificados de cada grupos da primeira fase da GC que se necesiten para completar as 16 prazas do torneo.

Proximamente seguiremos dando mais información.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
Advertisement