BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup III

[GAL] Galiza Cup III (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
45869.133 in reply to 45869.132
Date: 9/15/2008 9:54:17 AM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

Rematado o prazo para que o local rete, faltan 6 encontros por pecharse, polo que abrimos investigacións en todos para saber o que ocorre:

Pontepedriña - C.B. Lobelle

O encontro do Grupo 1 inda non está pechado, e non hai novas de ningún dos adestradores. Póñome en contacto con eles.

Mesoiro Basket - Arenacero

O encontro do Grupo 2 está en idénticas condicións ao do Grupo 1. Póñome en contacto cos adestradores.

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

O encontro do Grupo 4 segue sen estar pechado. Como o adestrador de Muradan xa se puxo en contacto con nos, a falta de confirmar a versión por CALVARIO MAVERICKS, o encontro estará oficialmente gañado por Muradan por incomparecencia.

Nestes casos sempre pedimos a colaboración dos managers, e se podes retar a MAVERICKS no seu campo e agardar un pouco, sería de agradecer, xa que queremos que se pechen todos os encontros.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

O encontro do Grupo 5 segue sen estar pechado. Idéntico caso ao 1 e 2, póñome en contacto cos adestradores.

Castelao-GZ - Cuervos Negros

O encontro do Grupo VII segue sen estar pechado. Como CastelaoGZ xa se puxo en contaco con nós, e xa está feito o reto, póñome en contacto con Cuervos Negros para ver que ocorre, inda que o prazo remata o martes ao mediodía.

Chacaritas Team - Corrichos

O encontro do Grupo VIII segue sen pecharse. Idéntica situación que nos grupos 1, 2 e 5. Póñome en contacto cos adestradores.

Se o que queredes é darme choio, o estades a conseguir... xD

This Post:
00
45869.134 in reply to 45869.132
Date: 9/15/2008 10:26:00 AM
Overall Posts Rated:
00
E o premio ao panoco do ano é para...

(Redoble)

Xexu_gz, polo seu papel en: O meu rival xa ten amigábel.

xDDDDD
.

que grande o xexu!

xDDDDDDDDDD

This Post:
00
45869.135 in reply to 45869.133
Date: 9/15/2008 11:32:04 AM
Overall Posts Rated:
00
Boas, eu xa contestei á mensaxe de Alexenko e o rival esta retado dende ai mais de un dia e a sua ultima conexión foi hoxe, pero non me aceptou o amistoso...xa me diredes que facer. Pero confirmo que esta retado.

Saúdos!!

From: Onire

This Post:
00
45869.136 in reply to 45869.133
Date: 9/15/2008 3:42:48 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Tes un BB-mail

Reto feito dende o sábado. O meu rival conectouse hoxe e non aceptou.


This Post:
00
45869.137 in reply to 45869.131
Date: 9/15/2008 5:06:11 PM
Overall Posts Rated:
00
MERDA!!!!!!!agora mesmo acabo de aceptar una invitacion a amistoso que me acaban de facer, pero acabo de darme conta de que non e o meu rival, e agora que fago¿ joder acabo de miralo e o meu rival non se conectou dende onte....

Last edited by el facass at 9/15/2008 5:18:59 PM

This Post:
00
45869.138 in reply to 45869.133
Date: 9/15/2008 8:13:34 PM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

Repasamos a situación actual dos encontros que faltan por pechar

Pontepedriña - C.B. Lobelle

O equipo local xa retou, agardando a que o visitante acepte. En principio o prazo límite é este mediodía, pero se o local pode agardar ata a noite polo menos, moito mellor.

Mesoiro Basket - Arenacero

Reto confirmado por parte do equipo local. Prazo normal ata o mediodía, pero tamén se Mesoiro pode agardar ata a noite moito mellor.

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Tomaremos unha decisión máis adiante

O encontro do Grupo 4 segue sen estar pechado. Como o adestrador de Muradan xa se puxo en contacto con nos, a falta de confirmar a versión por CALVARIO MAVERICKS, o encontro estará oficialmente gañado por Muradan por incomparecencia.

Nestes casos sempre pedimos a colaboración dos managers, e se podes retar a MAVERICKS no seu campo e agardar un pouco, sería de agradecer, xa que queremos que se pechen todos os encontros.

E despóis disto, Muradan concertou outro amigábel.

Mañá tomaremos unha decisión sobre o caso e xa informámosvos.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

O local non deu sináis de vida, e o equipo visitante xa confirmou que lanzou o reto. Pídolle a Xubia que agarde ata este mediodía para darlle tempo ao seu rival (se pode, se non xa ten o encontro gañado. Se ao mediodía Xogan Bonitos non aceptou, o encontro será declarado gañado por Xubia 0 - 25.

Castelao-GZ - Cuervos Negros

Reto pechado (e menos mal, que isto parece unha gardería).

Chacaritas Team - Corrichos

O local non respostou, e o visitante confirmou que xa lanzou o reto. Se Corrichos quere, ten o encontro gañado, inda que se pode agardar ata o mediodía mellor. Se ao mediodía o encontro non está pechado, Corrichos levará a vitoria por 0 - 25.

Prégovos que antes de buscar outro amigábel, confirmédesme por BB-mail ou polo foro que o voso rival non apareceu ou o que sexa.

Menudo arranque que estamos a ter... :S

Last edited by Alexenko at 9/15/2008 8:14:50 PM

This Post:
00
45869.139 in reply to 45869.138
Date: 9/16/2008 10:57:05 AM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

Repasamos de novo a situación actual dos encontros que faltan por pechar

Pontepedriña - C.B. Lobelle

Pechado!

Mesoiro Basket - Arenacero

Pechado!

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Iniciamos unha investigación para saber o que ocorreu. Polo momento, que CALVARIO busque outro amigábel, xa que Muradan xa ten un.

O xoves o comité tomará unha decisión sobre este caso e a fará pública.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

O local non deu sináis de vida, polo que, en canto Xubia queira, terá o encontro gañado. Coma sempre, se podes agardar máis agradecémoscho, pero a partir de aquí xa non te pedimos nada, e se queres, avisa e podes buscar outro amigábel co encontro gañado.

Castelao-GZ - Cuervos Negros

Pechado!

Chacaritas Team - Corrichos

O local non deu sináis de vida, polo que, en canto Corrichos queira, terá o encontro gañado. Coma sempre, se podes agardar máis agradecémoscho, pero a partir de aquí xa non te pedimos nada, e se queres, avisa e podes buscar outro amigábel co encontro gañado.

From: Southo

This Post:
00
45869.140 in reply to 45869.139
Date: 9/17/2008 2:27:33 PM
Overall Posts Rated:
11
Unha cousa, fumetta (colega na realidade e dono de "Xogan Bonitos") acábame de comentar que lle quitaron o equipo no BB polo que vai ser imposíbel que xogue algún encontro da GC.

This Post:
00
45869.141 in reply to 45869.139
Date: 9/17/2008 4:53:13 PM
Overall Posts Rated:
892892
Incidencias Xornada 1

CALVARIO MAVERICKS - C.B.Muradan

Iniciamos unha investigación para saber o que ocorreu. Polo momento, que CALVARIO busque outro amigábel, xa que Muradan xa ten un.

O xoves o comité tomará unha decisión sobre este caso e a fará pública.

Xogan Bonitos - Xubia Basket

Encontro gañado por Xubia Basket por incomparecencia de Xogan Bonitos. Como perdeu o equipo, queda fora do torneo.

Chacaritas Team - Corrichos

Encontro gañado por Corrichos por 0 - 25, por incomparecencia de Chacaritas.

This Post:
00
45869.142 in reply to 45869.141
Date: 9/17/2008 5:09:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Persoalmente fastídiame bastante que queden encontros sen pechar, pero teño claro que non podo facer todo eu só.

A organización do torneo leva bastante traballo, máis do que parece. Tanto litur coma min o facemos de bo gusto. Dende levas as GCStats, que non é pouco, ata facer os sorteos, poñer os post con todos os encontros, levar as clasificacións e ir avisando mensaxe a mensaxe a cada un dos participantes.

Realmente coido que o de avisar non o deberiamos facer, xa que se alguén se apunta terá que por un mínimo de interese pola súa banda para estar informado e xogar os seus encontros, pero todo sexa por aforrarnos problemas máis adiante.

Así que prégovos un pouco de presteza e seriedade no tocante aos retos. Xa sei que é cousa de cada un e do seu rival, a ver se a partires de agora os retos fanse ben e non hai máis problemas.

This Post:
00
45869.143 in reply to 45869.142
Date: 9/17/2008 5:12:02 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grupo 5

Neste momento, o Grupo 5 só conta con 3 participantes, xa que o fumetta perdeu o equipo. Estamos estudando o caso para ver que podemos facer.

Mañá ou o venres a máis tardar, aclararemos o asunto.

Saúdos.

Advertisement