Sintoo moito pero hoxe tiven un día de moito choio do noso señor. Acabo de chegar a casa co tempo suficiente para ver un miniresumen do meu partido. E xa que non puiden facela previa farei un resumo dos partido. Hoxe empezo polo grupos 1 e 2.
Grupo 1:
Chorima 101 - 79 Ktulu, partido sen moita historia no que o actual campión conseguiu unha cómoda victoria ante un rival que non puido en ningún momento co xogo desplegado polos locais. Victoria xusta cun Farruco Graiño (25 puntos) excepcional por parte de Chorima, mentres que por Ktulu destacou o seu pivot Fanelli con 21 puntos.
Chacaritas Team 86 - 98 CB Todoporelaro, partido emocionante no que os novatos no torneo leváronse o gato a auga, grazas especialmente a un mal terceiro cuarto dos locais que se quedaron en 12 pontos, e pese a dominalo rebote e a gran actuación de Gratopp con 35 puntos. Por parte dos visitantes destacou a actuación de Canga con 25 puntos.
Grupo 2:
Galiza Celtics 102 - 97 Sotonera, partido emocionante entre dous dos cuartofinalistas da primeira edición e que non se decidiu ata os derradeiros instantes xa que se entrou no ultimo minuto co marcador 95-94 para os locais. Bo partido de Gjoni con 25 puntos e 24 rebotes por parte de Galiza Celtics, mentres que nos visitantes estivo fantástico Loinaz cos seus 38 puntos.
Jericho BC 108 - 74 Breogan, partido sin historia no que os locais, sen duda un dos serios favoritos a loitar polo trofeo, xa dende o primeiro cuarto puxo terra de por medio. En Jericho, Klemanskas con 25 puntos foi o seu máximo anotador, mentres que nos visitantes destacou a aportación de Santa Cruz con 15 puntos.
Mañá farei un repaso dos outros dous grupos
Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET