BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup II

[GAL] Galiza Cup II

Set priority
Show messages by
This Post:
00
31544.128 in reply to 31544.127
Date: 6/11/2008 1:09:46 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pero moitos equipos seguiréan na Copa e non poderían participar.

Tampouco queremos meter unha rolda previa porque queremos que todos os equipos xoguen varios encontros, polo tanto é requisito comezar cunha liguilla...

E de paso dimite!

From: litur

This Post:
00
31544.129 in reply to 31544.128
Date: 6/11/2008 3:24:24 PM
Overall Posts Rated:
486486
Dous apuntes rápidos:

1º.- Mañá comeza a festa do BB galego a GC. Primeira xornada (se teño tempo fago unha previa pero non prometo nada). Animo a toda a xente a seguir en directo e comentar os partidos no foro.

2º.- Tamén mañá remata o prazo para inscribirse na "Cunca dos Labregos", a irmá pequena da GC. Por agora temos 8 equipos inscritos polo que xa podería disputarse a competición. Despois da primeira xornada da GC concretaremos como queda o tema.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
This Post:
00
31544.130 in reply to 31544.128
Date: 6/12/2008 8:22:31 AM
Overall Posts Rated:
00
Pero moitos equipos seguiréan na Copa e non poderían participar.

Tampouco queremos meter unha rolda previa porque queremos que todos os equipos xoguen varios encontros, polo tanto é requisito comezar cunha liguilla...

E de paso dimite!



Dimite ti por panoco, queremos participar máis xente!!


Alexenko dimisión!!

This Post:
00
31544.131 in reply to 31544.130
Date: 6/12/2008 11:35:22 AM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno home, se alguén máis quere participar, dámoslle a túa praza que total para o que vas facer... xDDDDDDDDDDDDD.

Xa estamos a dúas horas e media do comezo da segunda edición da Galiza Cup.

Moita sorte a todos, e sobre todo, que disfrutedes da festa do noso baloncesto!

This Post:
00
31544.132 in reply to 31544.131
Date: 6/12/2008 1:58:44 PM
Overall Posts Rated:
00
Bueno home, se alguén máis quere participar, dámoslle a túa praza que total para o que vas facer... xDDDDDDDDDDDDD.

Xa estamos a dúas horas e media do comezo da segunda edición da Galiza Cup.

Moita sorte a todos, e sobre todo, que disfrutedes da festa do noso baloncesto!



Sabes que??

Agora por panoco vou pasar de rolda, voume cruzar contigo en cuartos, e vouche nos fuciños da pana que che vou meter. Nin te enterarás...


Zas, zus, zas e verás como remata o partido sen que metas nin un punto.

E agora dimite panoco!

This Post:
00
31544.133 in reply to 31544.131
Date: 6/12/2008 1:59:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, xa que o "incompetente" de litur non se pasou a facer o "pregón", fago eu unha chapuza que estou ata os mesmísimos de chapar na biblioteca.

Estimados... bla... bla.

... ...
... LA-Souto dimisión!!!...
... ...
Xexu paspán!!!...
...
...
Amaños e chanchullos por doquier...
...
Litur dimisión!!!
...
...

Sorte a todos e que desfrutedes ao máximo da Copa da nosa terra.

This Post:
00
31544.134 in reply to 31544.133
Date: 6/12/2008 3:24:20 PM
Overall Posts Rated:
00
Como dirias ti, "Yeah yeah"

55-72 ao descanso, vou gañando, muahahaha!!

Penso chegar a cuartos para gañarte, bueno, se ti non caes antes, paquete!

This Post:
00
31544.135 in reply to 31544.134
Date: 6/12/2008 3:27:45 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois sí, este ano podrás gañarlle a Alexenko por que te vas librar de cruzarte comigo :_( por que, e o aproveito pra confirmalo aos organizadores, moi ao meu pesar non vou poder participar nesta edición da Galiza Cup.


This Post:
00
31544.136 in reply to 31544.135
Date: 6/12/2008 3:55:20 PM
Overall Posts Rated:
00
Pois sí, este ano podrás gañarlle a Alexenko por que te vas librar de cruzarte comigo :_( por que, e o aproveito pra confirmalo aos organizadores, moi ao meu pesar non vou poder participar nesta edición da Galiza Cup.



¿Que dis oh??

¿Non tes como conectarte no veran ou que?

Ainda que nos cruzaramos sabes ben que che había de dar nas cachas!

This Post:
00
31544.137 in reply to 31544.136
Date: 6/12/2008 4:02:00 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois o que liches, a partir do día 20 deixo de ter internet (ata setembro) co que non podrei facer nin amistosos nin leches. Bo será que me poida conectar de cando en cando pra non perder o equipo, tanto aquí como en HT.

Respecto o de que me gañarías, eso mismo dicías na edición pasada, aparte de que o meu equipo está en racha (ata me sorprende a min). De feito, no meu primeiro ano en IV estou loitando polo liderado da miña conferencia (que é a conferencia máis forte das duas da miña liga), e acabo de pasar rolda de copa, cun pouco de sorte, pero pasei :D

From: litur

This Post:
00
31544.138 in reply to 31544.136
Date: 6/12/2008 4:24:55 PM
Overall Posts Rated:
486486
Sintoo moito pero hoxe tiven un día de moito choio do noso señor. Acabo de chegar a casa co tempo suficiente para ver un miniresumen do meu partido. E xa que non puiden facela previa farei un resumo dos partido. Hoxe empezo polo grupos 1 e 2.

Grupo 1:

Chorima 101 - 79 Ktulu, partido sen moita historia no que o actual campión conseguiu unha cómoda victoria ante un rival que non puido en ningún momento co xogo desplegado polos locais. Victoria xusta cun Farruco Graiño (25 puntos) excepcional por parte de Chorima, mentres que por Ktulu destacou o seu pivot Fanelli con 21 puntos.

Chacaritas Team 86 - 98 CB Todoporelaro, partido emocionante no que os novatos no torneo leváronse o gato a auga, grazas especialmente a un mal terceiro cuarto dos locais que se quedaron en 12 pontos, e pese a dominalo rebote e a gran actuación de Gratopp con 35 puntos. Por parte dos visitantes destacou a actuación de Canga con 25 puntos.

Grupo 2:

Galiza Celtics 102 - 97 Sotonera, partido emocionante entre dous dos cuartofinalistas da primeira edición e que non se decidiu ata os derradeiros instantes xa que se entrou no ultimo minuto co marcador 95-94 para os locais. Bo partido de Gjoni con 25 puntos e 24 rebotes por parte de Galiza Celtics, mentres que nos visitantes estivo fantástico Loinaz cos seus 38 puntos.

Jericho BC 108 - 74 Breogan, partido sin historia no que os locais, sen duda un dos serios favoritos a loitar polo trofeo, xa dende o primeiro cuarto puxo terra de por medio. En Jericho, Klemanskas con 25 puntos foi o seu máximo anotador, mentres que nos visitantes destacou a aportación de Santa Cruz con 15 puntos.

Mañá farei un repaso dos outros dous grupos

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
Advertisement