Finalmente tiveron que pasar X edicions da Galiza Cup para que Ourense Bulls chegase a final da mesma.
Para o equipo xa se ben cumpridas as expectativas, sendo esta a mellor participacion nesta decana das copas non oficiais de BB superando o 4º posto acadado na I edicion.
Por outra parte, felicitar a Chacaritas por chegar novamente a final, na que trataremos que non repita victoria e tamen a Skalda, xa que foi un moi bo semifinalista e coa calidade mais que demostrada para poder ser finalista desta competicion.
Respecto a data da final, a min interesame o antes posible, xa que necesito reformar o equipo, e canto mais tarde mais compricado se me fará (sobre todo por ter que esperar para vender xogadores). Ainda así asumo que namentres algun dos equipos esté xogando PlayOffs, isto no sera viable, polo que xa aviso a miki para acordar a data.
Por ultimo, o da idea de formar un grupo para dirixir unha seleccion, ainda que foi unha idea que se tratou de facer no pasado, pola miña parte agora non e posible, xa que por motivos laborais non podo adicarlle o tempo suficiente, sobre todo tendo en conta que non teño un horario fixo, e non podría estar dispoñible en momentos no que fose necesario.