BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup II

[GAL] Galiza Cup II

Set priority
Show messages by
From: Alexenko

This Post:
00
31544.114 in reply to 31544.112
Date: 6/7/2008 8:47:29 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bah, zoupeiche ben na fase de grupos e non quería humillarte máis...

Inda me quedan moitas edicións para gañar... xD

@Dunkler: O patan de litur que non sabe nin como escribe...

This Post:
00
31544.115 in reply to 31544.114
Date: 6/7/2008 8:51:53 PM
Overall Posts Rated:
892892
Outra cousa que estiven a pensar sobre un comentario que alguén fixo sobre a Catalunya Cup.

Para vindeiras edicións da Galiza Cup, coido que poderiamos ampliar o número de grupos da primeira liguiña, ata un máximo de 8. Con isto conseguiriamos aumentar o número total de prazas a 40.

Tamén ten a parte negativa que na primeira liguiña só se clasificaría o primeiro de grupo, pero bueno, polo menos dariamos máis posibilidades de entrar.

Se non houbese suficiente xente para facer 8 grupos, poderianse facer menos, e encher as prazas para a segunda liguilla cos mellores segundos.

E veña, que comecen os piques que vexo a cousa moi tranquiliña por aquí...

From: litur

This Post:
00
31544.116 in reply to 31544.114
Date: 6/7/2008 9:05:40 PM
Overall Posts Rated:
486486
Non sería máis ben que eu na primeira fase deixeite gañar e cando chegou o partido de verdade demostrouse que é mellor.

Si é certo que áinda quedan moitas edicións para que gañes algunha, pero a partires de agora o primeiro nome que aparecerá na copa que se leve o campión será o de Chorima Basket.

Jejeje

Por certo asumo a miña incompetencia a hora de escribir o nome de DunklerGeier, algo que xa foi subsanado pola miña parte. Pero sería bo ver que foi o primeiro que o escribiu (31544.35).

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: Alexenko

This Post:
00
31544.117 in reply to 31544.116
Date: 6/7/2008 9:08:16 PM
Overall Posts Rated:
892892
Creo que non fai falla dicir a quen lle fixen o copy&paste nesa lista...

Dimite por chorón...

Desta volta non terei piedade... Inda que non creo que chegues...

From: litur

This Post:
00
31544.118 in reply to 31544.117
Date: 6/7/2008 9:12:25 PM
Overall Posts Rated:
486486
Tiña pensado tomarme a competición con calma pero agora vou ter que pasar para deixar as cousas no seu sitio.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: Alexenko

This Post:
00
31544.119 in reply to 31544.118
Date: 6/7/2008 9:19:17 PM
Overall Posts Rated:
892892
Ti na cuneta e eu co trofeo, non hai máis sitio...

Inda que primero me teñen que guindar da Copa... Xa quedamos só 256 equipos, e menos que quedarán cando pase á seguinte rolda!!!

E ti que tal??? Ai, non me lembraba, que non pasaches nin a primeira!!!

xDDDDDDDDD

This Post:
00
31544.120 in reply to 31544.119
Date: 6/8/2008 7:33:41 AM
Overall Posts Rated:
00
non sei onde hai que anotarse para o torneo satelite, pero como xa lle dixen a litur no correo contade conmigo

From: litur

This Post:
00
31544.121 in reply to 31544.120
Date: 6/8/2008 12:49:15 PM
Overall Posts Rated:
486486
TORNEO "A CUNCA DOS LABREGOS"

Dada a espectacular acollida que tivo entre vos a segunda edición da Galiza Cup e ante a dificultade de cambiar o formato para esta edición coa idea de dar cabida oa maior número posible de equipos inscritos, pasousenos polos miolos a idea de crear outra competición para agradecer e acoller a todos os equipos que quedaron fora da GC. E así naceu "A Cunca dos Labregos". Non pretende ser unha segunda división nin nada polo estilo. Tan so e a irmá pequena da Galiza Cup. Ademais coma premio os finalistas desta primeira edición teñen praza asegurada na terceira edición da GC.

Sistema de competición

Vai depender do número de equipos inscritos. En principio manexamos dúas opcións:

Opción A: 8 equipos con unha primeira fase de dous grupos de 4 e semifinais e final (evidentemente pasarían dous de cada grupo ás semifinais).

Opción B: 12 equipos con unha primeira fase de tres grupos de 4, onde pasarían os primeiros de cada grupo e o mellor segunda a semifinais, e logo a final.

Nos dous casos falaríamos de 5 semanas de competición.

As datas serían as seguintes:
Fin da inscripción e sorteo dos grupos da liguilla: xoves 12 de xuño
1ª xornada da liguilla: xoves 19 de xuño
2ª xornada da liguilla: xoves 26 de xuño
3ª xornada da liguilla: xoves 3 de xullo
Semifinais: xoves 10 de xullo
Final: xoves 17 de xullo

Coma sempre queda opcional a posibilidade de xogar o 3º e 4º posto se os equipos se poñen de acordo. Habería a posibilidade de xogar tamén o 24 de xullo, xa que aínda non comenzaron os playoffs polo que a organización reservase o dereito de poder trocar (sempre ampliando claro) o sistema de competición. Pero quedaría todo decidido antes do inicio do torneo.

Inscripición

En principio a inscripción está aberta a todo o que queira pero teñen preferencia os equipos que se apuntaron a Galiza Cup e que quedaron fora.
O prazo de inscripción remata o xoves 12 de xuño.
Se algún equipo quere anotarse so ten que expresalo no foro ou mandarme unha mensaxe.

O resto das normas da competición seguen o mesmo procedemento que na Galiza Cup.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: litur

This Post:
00
31544.122 in reply to 31544.121
Date: 6/8/2008 12:54:11 PM
Overall Posts Rated:
486486
"A Cunca dos Labregos"

Equipos xa inscritos:
1.- Corrichos - (79103) pepiño
2.- Orense Heat - (75587) garrido
3.- Castreloswolf Changas - (75645) chamallex
4.- C.B. Skalda - (42876) cruiss
5.- C.B. Vila de Meira - (78987) dieginho_7
6.- Celta Vigo Urban - (78298) toninho

Equipos preferentes pendentes da inscripción:
1.- Xanita Basket - (76193) jaime69
2.- L.A. Chaikers - (77038) candaira
3.- LeiteRíoBreogan - (79718) breogan
4.- Leite Ron Breogan - (75827) deivy_57

Last edited by litur at 6/8/2008 5:38:53 PM

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
This Post:
00
31544.123 in reply to 31544.122
Date: 6/9/2008 1:46:38 PM
Cans de Palleiro
IV.37
Overall Posts Rated:
1818
Se ainda hai sitio, apuntame!

From: litur

This Post:
00
31544.124 in reply to 31544.122
Date: 6/9/2008 5:29:45 PM
Overall Posts Rated:
486486
"A Cunca dos Labregos"

Equipos xa inscritos:
1.- Corrichos - (79103) pepiño
2.- Orense Heat - (75587) garrido
3.- Castreloswolf Changas - (75645) chamallex
4.- C.B. Skalda - (42876) cruiss
5.- C.B. Vila de Meira - (78987) dieginho_7
6.- Celta Vigo Urban - (78298) toninho
7.- LeiteRíoBreogan - (79718) breogan
8.- Cans de palleiro - (80236) sapoconcho

Equipos preferentes pendentes da inscripción:
1.- Xanita Basket - (76193) jaime69
2.- L.A. Chaikers - (77038) candaira
3.- Leite Ron Breogan - (75827) deivy_57

Last edited by litur at 6/10/2008 2:39:08 AM

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
Advertisement