Estívenlle dando voltas na cachola ó factor campo da Final Four, e pensei que se cadra era unha boa opción utilizar un sistema como o que se usa en tenis na Copa Davis. Para os que non o coñezan, o factor campo na Copa Davis determínase por sorteo a primeira vez, e despois alternando. É dicir, se dous equipos xogan por primeira vez, sorteo normal, se xa se enfrontaron anteriormente, xogarían no pabellón do que foi visitante a última vez.
Isto só para as Final Four, xa que non podo levar a conta de todos os enfrontamentos, pero das Finals Fours non daría excesivo choio. Que vos parece!?