Creo que en xeral o que dis é lóxico, sobre todo o dos xogadores. É mellor ter multiskills cun nivel medio en moitas habilidades que ter os clásicos bicharracos que teñen 2/3 habilidades moi altas e o resto moi baixas, a pesares que eu mesmo conto con 2 desos xogadores.
Pra min, a economía en BB tamén ten un pequeno fallo ao que en breve lle deberán por solución ou conducirá a bancarrota a moitos equipos. Se chama Free Agent. Penso que os Free Agent, se non son xogadores pertencentes a algunha selección (por eso de non perxudicar as seleccións pequenas) xa non teñen sentido.
O porqué e simple, si podes tratar de pillarte un Free Agent, o intentas, por que a igualdade de habilidades é probable que che saian máis baratos. Ademáis, o sentido que tiñan estos xogadores, penso que se perdeu, xa que antes era a forma de manter un número suficiente de xogadores de alto nivel, pero neste momento penso que o mercado xerado polos equipos é autosuficiente.
Eu pago 136000 en salarios de xogadores e xa me costa ter un balance equilibrado, na miña conferencia había un tolo que pagaba máis de 200000 en salarios, aínda por encima, recén ascendido de IV (eso si, está tratando de vender ao que ten o salario máis alto).
Respecto ao staff técnico, pois o do adestrador me parece unha burrada. O meu é nivel 5 e cobra 28000, e levo xa un tempo tratando de cambialo por un do mesmo nivel que cobre 20000 ou así, pero o precio que tería que pagar por el non me compensa respecto ao aforro que vou ter de salarios semanal.
Penso que de manterse as actuais tendencias, probablemente se teñan que tomar medidas específicas pra regular o mercado, como xa se fixo en HT fai un tempo.