BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > Obxectivos da Tempada

Obxectivos da Tempada

Set priority
Show messages by
This Post:
00
59979.1
Date: 11/21/2008 10:00:29 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, a idea foi de Miki_zar, e así aproveitamos e nos coñecemos un chisco mellor. Coido que estaría ben facelo seguindo todos o mesmo esquema, pero se alguén prefire facelo doutra maneira tamén será benvido!

Plantilla

Liga e PlayOff

Copa

Galiza Cup

Seleccións

Economía

Adestramento

Obxectivos extra

This Post:
00
59979.2 in reply to 59979.1
Date: 11/21/2008 10:13:13 PM
Overall Posts Rated:
892892
Liga: A verdade é que cada tempada a cousa está máis difícil, xa que chegan novos equipos con calidade. O meu obxectivo é entrar nos PlayOffs polo ascenso, e chegar á final da conferencia. Máis está moi difícil, pero bueno, todo o que chegue será benvido.

Copa: Esta é unha competición que non entendo moi ben, e tanto podes ter moita sorte, como ter unha sorte pésima no primeiro encontro. Agardo pasar as primeiras roldas, se chega para entrar nos 8 enchufados da Galiza Cup sería xenial. De todos modos teño ben clariño que o meu obxectivo é a Liga, e non vou facer moitas tolemias...

Galiza Cup: Bueno, isto xa case o considero como un logro persoal. Deportivamente, na Galiza Cup gustariame chegar ata a segunda liguilla, e como mínimo quedar segundo, pero vamos, a Galiza Cup nunca se tira e loitarei a morte por ela ;).

Seleccións: A nivel de Seleccións a verdade é que non teño realmente moito interés... Ofrecéronme entrar en varias candidaturas, pero rexeitei as ofertas por falta de tempo. O outro frente aberto é a ver se consigo que o meu xogador Fernando Mir xogue ca absoluta de España, xa que lle pasou a idade para xogar ca U21.

Economía: Buffff, isto si que é un logro, manterse por riba da banca rota... Agora cos sablazos dos salarios, pois o obxectivo non é outro que tentar manter o equipo a flote e seguir mellorando pouco a pouco, pero vamos, vexo difícil o de aforrar. O pavillón dubido que o amplie, xa que teño 9.000 prazas e ben lle chegan polo momento.

Adestramento: Esta tempada collerei ficharei a algúns cativos novos para comezar cunha nova xeración. Seguirei adestrando exteriores, bases e escoltas principalmente, e supoño que collerei a algún como proxecto de ala...

Obxectivos Extra: En principio pouca cousa máis do que xa dixen... Se cadra buscar algún membro do equipo técnico con especialidade, e organizar algún desafío para o final da tempada... Seguro que se me ocorren máis formas de perder o tempo... ;)

This Post:
00
59979.3 in reply to 59979.2
Date: 11/22/2008 7:40:43 AM
Overall Posts Rated:
22
Aínda que xa puxen os meus obxetivos no fío do Fogar de Breogán, voume repetir :P

Liga: O obxetivo será repetir o feito este ano e entrar a a xogar os Playoff. Aínda así a tarefa non será sinxela, xa que hai 4 ou 5 equipos máis con nivel suficiente como para impedirmolo. De entrar no playoff, intentarase chegar o máis lonxe posible.

Copa: Pois intentarase chegar o máis lonxe posible, aínda que repetir o desta temporada está moi difícil (estiven entre os 32 mellores). Aínda que non é moito, a aportación económica da copa faise case necesaria coa suba de soldos.

Galiza Cup: A iste torneo teñolle unhas gañas especias. Tras ser 4º na primeira edición, por diversos motivos non puiden participar nas dúas edicións seguintes. Intentarase poder entrar pra dar guerra e chegar o máis lonxe posible.

Seleccións:Pois a verdade e que me anotei pra probar nas eleccións da absoluta de Andorra. Os motivos, pois e que teño un xogador na Sub-21 andorrana, e sei que é unha selección humilde que podría chegar a dirixir. Pra intentar levar a selección española fai falla moito máis, pois hai máis usuarios, e por tanto, máis xogadores que ver, os obxetivos son máis altos, etc... Aínda así, dubido sequera haber pasado o primeiro corte, co que intentarei seguir mellorando a Marc Mas, pra que despois deste último ano na Sub-21, se faga un oco na absoluta.

Economía: O obxetivo será manterse a flote, pois coas subidas de soldos, e tendo un pavillón pequeno que rara vez se enche, intentar non entrar en números roxos será todo unha odisea.

Adestramento: Seguirei co adestramento de interiores, que é o adestrei nas últimas duas tempadas. Se todo vai ben, a próxima tempada tratarei de volver ao adestramento de exteriores, pero sa se verá.

Obxetivo Extra:
Pois o obxetivo extra é o de facerme con un xogador exterior, preferiblemente Base ou Escolta, pra facer un pouco fronte a algúns dos equipos fortes da miña liga, que dominan o ataque exterior.

This Post:
00
59979.4 in reply to 59979.3
Date: 11/22/2008 2:43:58 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Liga: Esta temporada o obxetivo é ascender. Se non se pode, volver a xogar a final dos Play-Offs.

Copa: Cadrar minutos de adestramento. O meu obxetivo e a liga. De tódalas maneiras se teño algún partido de liga cómodo, reservarei algún xogador.

Galiza Cup: O mesmo que para a Copa de España. No estaría mal volver a pasar a 2ª fase e gañarlle a un equipo da ACBB.

Seleccions: Non sigo a selección. De vez en cando botolle unha ollada, pero sin maior interés.

Economía: A pesar da suba de soldos, espero seguir tendo superavit tódalas semanas como ata agora.

Adestramento: Sigo adestrando exteriores. Teño seis xogadores para esas posicións, polo que venderei un dentro de duas ou tres semanas e outro antes dos play-offs, para facer caixa e seguir reforzando as outros postos.

Obxetivo Extra: Non teño. A medida que avance a temporada xa irei mirando.

From: litur

This Post:
00
59979.5 in reply to 59979.4
Date: 11/22/2008 7:10:37 PM
Overall Posts Rated:
486486
Liga e PlayOff: O obxectivo en liga é claro, acadar por fin o ascenso. O mellor equipo da miña conferencia foi o que subiu este ano e dos que ascenderon hai un par de equipos semellantes o meu pero teño unha plantilla moi equilibrado e fixen unha fichaxe interior moi interesante. Espero que este poida ser o meu ano.

Copa: Chegar o mais lonxe posible, sobre todo pensando na economía (non son moitos cartos pero menos es nada).

Galiza Cup: Este ano non auguro boas espectativas na Galiza Cup debido a que vou tentar axustar os entrenos ao máximo pero se hai sorte e chego a segunda fase, veremos que pode pasar.

Seleccións: Este ano, co cambio de seleccionador, deixo de formar parte do staff, aínda así seguirei de preto os partidos. Pero non teño ningún xogador con perspectivas de ser internacional (cando menos a curto prazo, aínda que xa veremos o que pasa nun par de tempadas). Por certo para cando unha selección galega.

Economía: Mi madriña, que me quede como estou.

Adestramento: Seguirei adestrando tamén exteriores pero sin descartar algún entreno interior para potenciar o xogo interior (especialmente rebotes) do miña promesa un aleiro de 18 anos.

Obxectivos extra: Se podo revalidar o título na segunda edición do Sacho d'Ouro (a liga privada da Federación Galega de BB) e tomarme unha cañas no Fogar de Breogán.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: miki_zar

This Post:
00
59979.6 in reply to 59979.5
Date: 11/22/2008 7:29:41 PM
Overall Posts Rated:
464464
Liga Ascenso, quedar primeiro da conferencia, e consegui o tan desexado ascenso agora que parece que por fin non teño super equipos na division, ainda que iso esta por ver.

Copa , Facer o que se poida pero tampouco poñendo todo a carne o espeto, digamos que pra min e a terceira competicion.

Galiza Cup, dobre obxetivo, pasar a fase final e se non ir a por todas na cunca dos labregos.

Seleccions
, Gañarlle a Chile en Riazor o 27 de decembro e que Xamaica clasifiquese pra o Mundial do 2010

Economia
, Seguir igual de pobre pero sen chegar moi apurado o final de ano, o meu presuposto estes anos oscilou entre 200.000-300.000 pero sempre hai na recamara un xogador polo que sacar cartiños.

Adestramento
, mellorar o meu xogo exterior e tamen un pouquiño os tiros libres que traenme polo camiño da amargura

Obxetivo Extra, esto igual e espumear moito pero e gañar todolos partidos para subir xa seguro polas botificacions, pero para iso hai que xogar moitos partidos en relaxado e con moitas rotacions e creo que non teño unha plantilla tan boa para conseguilo, pero imolo tentar, so quedan 20.

From: matxone

This Post:
00
59979.7 in reply to 59979.5
Date: 11/28/2008 5:02:15 AM
Overall Posts Rated:
15931593
Liga e PlayOff: O menu obxectivo na II.3 nun prinicpio era a permanencia, pero creo que podo cambialo polo de meterme nos PO e despois xa veremolo que pasa. Na miña division hay rivales moi duros, coma en case que todalas II, asi que vai ser complicado.

Copa: A copa certamente non he unha prioridade para min, pasarei as rondas que poda, pero non pensa sacrificar ningun partido ligueiro por pasar unha ronda de copa.

Galiza Cup: Pois como non, repetir o exito da pasada tempada, asi que volver a gañala.

Seleccións: Pois eu formo parte do staff da U21, asi que terei que estar bastante o dia :P, a ver se chegamos o mundial, como imos botar de menos a Mir :( . E a ver que fai a Ñ co novo seleccionador que ten moi dificil igualar o feito polo anterior staff. Tamen teño un internacional U21 filipino, que tou adestrando.

Economía: Polo de agora a miña economia esta bastante saneada, grazas en parte o meu pabellon, pero inda me teño que mover polo mercado, para buscar un ultimo reforzo.

Adestramento: Eu tamen sigo co entreno de exteriroes.

Obxectivos extra: Tentar subir na Liga Privada da BBmasters que entrei por primera vez esta tempadae inda estou en IV

This Post:
00
59979.9 in reply to 59979.8
Date: 12/8/2008 1:29:10 PM
Overall Posts Rated:
464464
Engado un novo obexetivo que é subir a lo menos 3 posicións no histórico da GZ xa que si contei ben estou de 18 e quero chegar o top 15, a ver se é posibel.

This Post:
00
59979.10 in reply to 59979.9
Date: 12/8/2008 2:03:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
Co paquete que es... Con sorte non perdes máis posicións... ;)

Por certo, Mir xa está convocado ca absoluta... Un obxectivo menos!

This Post:
00
59979.11 in reply to 59979.10
Date: 12/8/2008 2:49:23 PM
Overall Posts Rated:
464464
Paquete eu??? os que viven das rentas..... a ver se nos toca no mesmo grupo e botamos un¡¡¡