Pois si, pero como ben dis, non ten moito senso.
Se defendes en zona, collerás máis rebotes defensivos por lóxica, pero non ten ningunha lóxica que collas máis rebotes ofensivos.
O que si podería ter un pouco máis de senso sería que no rebote ofensivo sí influise o tipo de ataque, e que cun ataque cun ritmo máis lento colleses máis rebotes, xa que os xogadores estarían mellor posicionados, e supoño que un ataque enfocado cara o interior tamén debería propiciar máis rebotes, xa que terás normalmente máis xogadores ao rebote.
Pero claro, isto non é máis que un simulador... Non sei para que me emparanoio tanto!!!